Alejandrino Fernández Barreiro

avogado e político galego

Alejandrino Fernández Barreiro, nado en Leiro o 1 de xuño de 1943 e finado na Coruña o 14 de outubro de 2014,[1][2] foi un avogado e político galego.

Alejandrino Fernández Barreiro
Nacemento1 de xuño de 1943
Lugar de nacementoLeiro
Falecemento14 de outubro de 2014
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónavogado e político
Na rede
Dialnet: 188412
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciouse en Dereito na USC (1966) e doutorouse na Universidade de Navarra (1968)[1] cunha tese sobre La previa información del adversario en el proceso privado romano, dirixida por Álvaro D'Ors.[3] Seguiu formándose na Sorbona de París canda a Jean Gaudemet. Despois traballou en Roma xunto a Giovanni Pugliese.

Foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela, na UNED e na Universidade de Granada. En 1974 obtivo a Cátedra de Dereito romano da USC. En 1989, trala creación da Universidade da Coruña, pasou a ser catedrático de dereito romano e secretario xeral da mesma,[4] e entre 1991 e 1999 foi Decano da Facultade de Dereito. Entre 2005 e 2013 dirixiu o departamento de Dereito público.

PolíticaEditar

Membro do Partido Demócrata Popular, partido integrado en UCD. Foi responsable do departamento de educación durante a Xunta Preautonómica co goberno de Antonio Rosón, e nomeou Ricardo Carballo Calero como presidente da comisión encargada de establecer unhas normas lingüísticas para o uso administrativo. Posteriormente, foi conselleiro de Educación e Cultura[2] no primeiro goberno da Xunta de Galicia, o de Xosé Quiroga Suárez. Deputado no Parlamento de Galicia (1985-1989), e conselleiro de Cultura e Benestar (1986-1987) con Xerardo Fernández Albor,[1] durante o seu mandato púxose en marcha o Centro de Coordinación Bibliotecaria de Galicia. En febreiro de 1988 pasou do Grupo Popular ao de Coalición Galega.


Predecesor:
Víctor Manuel Vázquez Portomeñe
  
Conselleiro de Cultura e Benestar Social
 
1986 - 1987
Sucesor:
Alfredo Conde

ObraEditar

  • Los estudios de Derecho romano en Francia después del Código de Napoleón (1970). Roma-Madrid. ASIN B0014P414G
  • Historia del Derecho romano y su recepción europea (2017).(canda a Javier Paricio). Madrid: Marcial Pons. Col. Manuales universitarios. 11ª ed. ISBN 9788491233206
  • Fundamentos de Derecho privado romano (2016). (canda a Javier Paricio). Madrid: Marcial Pons. 9ª ed. ISBN 9788491230816

Vida persoalEditar

Estaba casado coa tamén avogada e política Lutgarda García Boente.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 "El exconselleiro Alejandrino Fernández Barreiro falleció en A Coruña". lavozdegalicia.es. 20-10-2014. Consultado o 08-04-2018. 
  2. 2,0 2,1 García Camiñas, Julio (22-10-2014). "A la muerte de Alejandrino Fernández Barreiro". lavozdegalicia.es. Consultado o 08-04-2018. 
  3. Rodríguez Ennes, Luis. "Alejandrino Fernández Barreiro: adiós a un gran universitario". scielo.com. Consultado o 08-04-2018. 
  4. Castro, Alfonso (19-10-2014). "Alejandrino Fernández Barreiro, romanista". elpais.com. Consultado o 08-04-2018. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar