Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

político galego

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, nado en Piñeira (Taboada) o 16 de setembro de 1934, é un político galego.

Modelo:BiografíaVíctor Manuel Vázquez Portomeñe
Biografía
Nacemento16 de setembro de 1934 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Taboada, España Editar o valor en Wikidata
Senador de España
Deputado do Parlamento de Galicia
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeOtilia Seijas Editar o valor en Wikidata
IrmánsAntonio Vázquez Portomeñe Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX5408761 BUSC: vazquez-portomene-victor-m-1934

Traxectoria

editar

Exerceu a avogacía desde 1963, compatibilizándoa co exercicio como Secretario municipal en Abadín (1963-1965), Antas de Ulla e por acumulación Monterroso, Guntín e Chantada (1965-1975) e Carballedo (1975-1983). Deu o seu primeiro salto á política en 1977, nun mitin da UCD en Chantada, ocupando neste ano o Comité Executivo Provincial deste partido en Lugo e a Secretaría de Política Municipal.

Tivo un papel decisivo na confección das listas electorais para as eleccións municipais de 1979 nos concellos do partido xudicial de Chantada, onde a UCD se impuxo por maioría absoluta en todos agás en Antas de Ulla. O seu irmán, Antonio Vázquez Portomeñe, resultou elixido alcalde de Taboada.[1]

Conselleiro sen carteira con Xosé Quiroga Suárez na preautonomía, foi un dos redactores do Estatuto dos dezaseis; deputado no Parlamento de Galicia por Alianza Popular e despois polo Partido Popular (1981-1997).

Foi conselleiro de Educación con Xerardo Fernández Albor (1983-1986) canalizando a asunción de competencias de xestión do sistema educativo e da ordenación universitaria. Durante o seu mandato aprobáronse os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, o 19 de outubro de 1985, co que se desbloqueaba a aplicación da Lei de Reforma Universitaria[2]. Cando o vicepresidente da Xunta Xosé Luís Barreiro Rivas presentou a súa dimisión, Vázquez Portomeñe seguiuno pero non na súa marcha de AP. De feito, asume a portavocía deste grupo facendo oposición ao tripartito PSOE-Coalición Galega-Partido Nacionalista Galego, nado da moción de censura a Albor [3].

Con Manuel Fraga foi conselleiro de Relacións Institucionais e voceiro do goberno (1990-1993), posto dende onde puxo en marcha o primeiro Ano Xacobeo como programa de difusión cultural, turística e institucional de Galicia co gallo do Ano Santo xubilar de 1993. Posteriormente, asumiu o cargo de conselleiro de Cultura (1993-1996) acadando a unanimidade no Parlamento de Galicia para os proxectos normativos que serían aprobados como a Lei 8/1995, do Patrimonio Cultural de Galicia e a Lei 3/1996, de Protección dos camiños de Santiago (ambas derrogadas pola Lei 5/2016). Puxo en funcionamento o Centro Superior Bibliográfico de Galicia e impulsou a rede de infraestruturas culturais a través da creación de casas de cultura nos municipios de Galicia[4] Finalmente foi conselleiro sen carteira para Asuntos Parlamentarios (1993-1997). Desde 1996 foi senador.

En 2010 recibiu a Medalla de Ouro de Galicia polos seus traballos a prol do turismo e da promoción do Ano Santo Xacobeo en Santiago de Compostela.[5]

Forma parte da galería de personaxes ilustres de Carballedo.[6] e a praza fronte ao consistorio na localidade da Barrela leva o seu nome.

Vida persoal

editar

Está casado coa escritora Otilia Seijas, e ten tres fillos. É irmán de Antonio Vázquez Portomeñe, avogado e alcalde de Taboada entre 1979-1983; de José Vázquez Portomeñe, que foi Secretario Xeral da Consellería de Traballo e Subdelegado do Goberno en Lugo; e de Segundo Vázquez Portomeñe, Xefe do Servizo de Promoción do Camiño de Santiago. O seu fillo, Víctor Manuel Vázquez-Portomeñe Seijas, foi durante un tempo Secretario Xeral da Consellaría de Pesca.[7]

Obras en castelán

editar
  1. Vázquez Portomeñe, Víctor Manuel (2014). Testigo y parte de la historia reciente de Galicia. Hércules de Ediciones. 
  2. A gran historia de Galicia, XIV, volume 2. Edicións La Voz de Galicia 2007, pax. 89
  3. Xosé de Cora, Barreiro contra Barreiro, Edicións Xerais, Vigo 1990, pax. 243
  4. Galicia 1997, Xunta de Galicia, 1997, pp 381 e 385. ISBN 84-453-1915-9
  5. "La Xunta otorga las medallas de Galicia al Cabildo de la catedral de Santiago y a Vázquez Portomeñe". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2010. Consultado o 17 de xullo de 2010. 
  6. "Personaxes Ilustres". www.concellocarballedo.es. Consultado o 2019-01-25. 
  7. Vázquez Portomeñe, Víctor Manuel (2014). Testigo y parte de la historia reciente de Galicia. Hércules de Ediciones. 
  8. "Testigo y parte de la historia reciente de Galicia". Hércules Ediciones (en castelán). Consultado o 2020-09-14. 
  9. Lugo, El Progreso de (2020-09-09). "Víctor Vázquez Portomeñe viaja al Medievo en su novela de debut". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2020-09-14. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar


Predecesor:
Francisco Cacharro Pardo
  
conselleiro de Educación
 
1983-1986
Sucesor:
María Xesús Sáinz
Predecesor:
'
  
conselleiro de Relacións Institucionais
 
1990-1993
Sucesor:
Juan Miguel Diz Guedes
Predecesor:
Daniel Barata Quintas
  
conselleiro de Cultura
 
1993-1996
Sucesor:
Xesús Pérez Varela