Daniel Barata Quintas
Daniel Barata Quintas, nado en Rairiz de Veiga o 25 de decembro de 1943, é un político galego.
Daniel Barata Quintas | |
---|---|
Nacemento | 25 de decembro de 1943 |
Lugar de nacemento | Rairiz de Veiga |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou ciencias da educación. Exerceu como inspector de educación . Foi membro destacado de Coalición Galega e, tras a escisión desta, impulsada por Victorino Núñez, de Centristas de Galicia. Coa integración desta forza no Partido Popular en 1991, pasa a ser militante desta forza política
Foi concelleiro en Ourense (1987-1989), deputado no Parlamento de Galicia (1990-2001), conselleiro de cultura e xuventude (1990-1993). Foi o único Conselleiro de Centristas de Galicia no primeiro gabinete de Manuel Fraga Iribarne. Dende ese posto foi o responsable da macroexposición de arte galega Galicia no Tempo[1] dirixida por José Manuel García Iglesias (para a cal Milladoiro compuxo en 1991 unha obra en catro movementos) e da primeira gran restauración do mosteiro de San Martiño Pinario. Impulsou o Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) dotando de maiores facultades á xerencia do mesmo a través da Lei 2/1991 de 14 de xaneiro[2]
Conselleiro do Consello de Contas desde o 2000. O 7 de agosto de 2009 é nomeado polo Consello da Xunta membro do Consello Escolar de Galicia. En abril de 2010, demandou que o Goberno de Alberto Núñez Feijóo fixese un "esforzo de aproximación de posturas"[3] en relación á reforma do Decreto que regula o galego no ensino, que o devandito Consello rexeitou.
Recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 1994.
Predecesor: Alfredo Conde |
conselleiro de Cultura 1990-1993 |
Sucesor: Víctor Manuel Vázquez Portomeñe |
NotasEditar
- ↑ Galicia no Tempo. Xunta de Galicia, 1991. ISBN 84-453-0179-9
- ↑ Texto da Lei de modificación do IGAEM
- ↑ Nova no diario Qué! Arquivado 08 de decembro de 2015 en Wayback Machine. do 7 de abril de 2010 (en castelán).
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Daniel Barata Quintas |
BibliografíaEditar
- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Barata Quintas, Daniel". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 53. ISBN 84-8064-113-4.
- Dicionario biográfico de Galicia, t. 1, p. 89.