Margarita Ledo Andión

xornalista, escritora e cineasta galega

Margarita Ledo Andión, nada en Castro de Rei no 5 de febreiro de 1951, é unha xornalista, escritora e cineasta galega. Docente e catedrática de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela, numeraria da Real Academia Galega; recibiu, entre outros, o Premio Nacional da Cultura Galega (2008) e o Premio Otero Pedrayo (2017).[1]

Modelo:BiografíaMargarita Ledo Andión

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de febreiro de 1951 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Castro de Rei, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, profesora universitaria, xornalista, cineasta Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Autónoma de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeCipriano Luís Jiménez Casas Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm2042250 Facebook: margarita.ledoandion Twitter: MargaLedo BNE: XX959614 AELG: 215 BUSC: ledo-andion-margarita-1951 Dialnet: 70699 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Margarita Ledo criouse en Lugo no seo dunha familia de antigos emigrantes galegos en Cuba, por parte materna.[2] O seu pai, empregado do Concello, era de Izquierda Republicana, polo que ela e os seus irmáns foron á escola rural de Barxa para non asistir ás clases dos mestres falanxistas da vila. Estudou o bacharelato no Instituto de Lugo[3] e logo, na Universidade de Santiago de Compostela, empezou a carreira Filosofía e Letras, que non rematou.[4] Marchou a Barcelona e estudou xornalismo na Escola Oficial de Periodismo de Barcelona (1969-1973).[5]

Xornalismo

editar

En 1974 entrou na redacción de El Ideal Gallego, pero ese labor xornalístico, que retomou posteriormente noutras revistas e xornais de corte galeguista e feminista, viuse interrompida polo seu exilio forzado en Portugal como consecuencia do seu activismo político e a súa militancia na Unión do Povo Galego.[6] Nos dous anos de exilio en Portugal (1974-1976) traballou como lectora de galego na Universidade de Letras de Porto e organizou as Xornadas da Cultura Galega.[4][7]

Ao seu regreso, fundou e dirixiu o semanario A Nosa Terra entre 1977 e 1980[3][8] e realizou numerosas investigacións sobre a prensa galega.

Foi tamén a creadora da revista Escrita, da Asociación de Escritores en Lingua Galega, e dos proxectos gráficos do boletín do Clube Cultural Adiante da CXTG, da revista feminista Festa da Palabra Silenciada e da publicación Europa de les nacions, do Moviment Nacionalitari Europeu.[5]

Docencia e investigación

editar

A partir dos anos oitenta separouse da prensa como profesión e comezou no mundo académico e da escrita. Despois dunha estadía de investigación en Lisboa cunha bolsa da Fundación Gulbenkian (1982), doutorouse en Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona en 1986 coa tese Foto-xoc e xornalismo de crise.[9] Foi profesora da UAB na Facultade de Ciencias da Información de 1983 a 1991.[3]

Regresou a Galicia en 1991 e trasladouse a Santiago de Compostela para poñer en funcionamento a Facultade de Ciencias da Información na Universidade de Santiago de Compostela, da cal foi a súa primeira decana (1992-1996) e onde exerce como catedrática de Comunicación Audiovisual.[5][8]

As súas principais liñas de traballo abranguen as políticas de comunicación e cultura, a diversidade e espazos xeolingüísticos de comunicación, as teorías feministas nos universos de creación e a expresión, o pensamento cinematográfico e os usos e discursos da fotografía. Exerce como investigadora principal de diversos proxectos de investigación competitiva, entre eles “EU- VOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas” (AEI. CSO2016-76014- R), “Cara ao Espazo Dixital Europeo. O papel das cinematografías pequenas en versión orixinal” ( MINECO- CSO2012-35784); “Cine, Diversidad y Redes” (MINECO- CSO2009-13702); “Lusofonía: interactividade e interculturalidade” (Xunta de Galicia:INCITE08 PXIB212124 PR).[1]

En 2021 foi nomeada profesora emérita da USC.[10]

Literatura e produción científica

editar

Escritora de ficción, publicou o seu primeiro poemario en 1970: Parolar cun eu, cun intre, con inseuto.

Nos oitenta publicou o primeiro libro de narración, Mamá-Fe; a primeira novela, Trasalba; o primeiro ensaio, Prensa e galeguismo, e foi escrebendo poemas de encárrega, para festivais, eventos, conmemoracións, reivindicacións[3]

Do ano noventa en diante comezou un período intenso de produción científica e de entrada nas editoras en español: Documentalismo fotográfico, en Cátedra, 1998 ou Del cine-ojo a Dogma 95, Paidós, 2004.

 
Margarita Ledo en 2018.

A partir de 2000 comezou o seu primeiro proxecto cinematográfico, Santa Liberdade, que se presentou no Teatro Principal de Santiago no 22 de xaneiro de 2004 e o cal seguiron outros. Como cineasta, desenvolve o seu traballo de maneira especial no documental.[11]

Cargos

editar

Dirixe o Observatorio do Audiovisual Galego e coordina o Grupo de Estudos Audiovisuais da USC, Grupo de Referencia Competitiva do Sistema Universitario Galego.[12]

Presidiu a Federação Lusófona de Ciências da Comunicação (LUSOCOM), foi vicepresidenta primeira da Asociación Española de Investigación en Comunicación (AE- IC ) entre 2008 e 2016, é vicepresidenta da Asociación Iberoamericana de Comunicación (ASSIBERCOM) e presidenta de honra da Asociación Galega de Investigadores e Investigadoras da Comunicación (AGACOM).[1]

Pertence ao consello editorial de revistas como Telos, Chasqui, Discursos fotográficos, Infoamérica, L’ Atalante, Quaderns do CAC, Revista Latinoamericana de Comunicación, Trípodos, Uztaro, Comuniació ou AdComunica.

En marzo de 2008 foi seleccionada para ser membro da Real Academia Galega e ingresou no 7 de febreiro do 2009, converténdose na quinta muller membro desta institución.[13] Exerceu o cargo de arquiveira-bibliotecaria (2013-2017) e dende 24 de abril de 2021 é a secretaria da institución[14].

Recoñecementos

editar
  • 1982. Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo, por Rematado a man.
  • 1994. Premio Alecrín en 1994, outorgado polo Grupo de Estudios sobre a Condición da Muller "Alecrín".
  • No 30 de novembro de 2002 rendéronlle unha homenaxe en Guitiriz (Lugo) na undécima edición dos "Encontros na Terra Chá", organizados pola asociación cultural Xermolos.[8]
  • 2008. Premio Nacional de Cine e audiovisual, correspondente aos Premios Nacionais da Cultura Galega, outorgado pola Xunta de Galicia.[2]
  • Foille dedicado un Hectómetro Literario no Paseo dos Soños vilalbés en 2012.
  • 2015. Premio Os Bos e Xenerosos da AELG.
  • 2016. Premio Ramón Piñeiro-Facer País
  • 2017. Premio Otero Pedrayo.[15] Primeira muller galardoada con este premio desde os seus inicios en 1977[16], no informe da proposta destacouse “a súa traxectoria vital, profesional e intelectual marcada pola súa temperá militancia política, o exilio e o lectorado de galego na Facultade de Letras da Universidade de Porto, o xornalismo comprometido e as primeiras investigacións sobre as relacións dos intelectuais republicanos portugueses e galegos”. Salientuse tamén que foi “pioneira en centrarse en investigacións e xéneros audiovisuais que non estaban desenvolvidos na Galiza e sempre tendo presente a perspectiva de xénero en todos os seus traballos, investigacións e intervencións públicas”. Destacouse tamén que foi unha defensora, “a través de toda a súa traxectoria, do idioma galego con valor identitario e cultural de seu, e en pé de igualdade cos demais idiomas da península Ibérica e do mundo”.[17]
  • En 2017 o Festival internacional DocumentaMadrid dedicoulle unha retrospectiva baixo a marca da utopía e as errancias do século XX.[18]
  • A Asociación Española de Investigación da Comunicación (AE-IC) rendeulle homenaxe en 2020, sendo a primeira muller do ámbito estatal que recibiu o recoñecemento a toda unha vida de investigación en comunicación desta asociación desde a súa fundación en 2006.[11]
  • 2020. Premio do Festival de Cine Europeo de Sevilla pola dirección de Nación.[19]
  • En 2021 foi Premio Alecrín de Ouro, concedido anualmente pola Federación Galega de Entidades Culturais de Cataluña (Fegalcat).[20]
  • 2021: Premio Mulleres no Foco da Deputación de Pontevedra e a Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais, con Sonia Méndez e Noemí Chantada.[21]

Obra literaria

editar
 
Margarita Ledo na libraría Chan da Pólvora.

En galego

editar

Poesía

Narrativa

Literatura infanto-xuvenil

Volumes colectivos

  • Os novísimos da poesía galega, 1973, Akal.
  • II Festival da Poesía do Condado (1982, S. C. D. Condado).
  • III Festival da Poesía no Condado (1983, S. C. D. Condado).
  • O quiquiriquí e outras narracións. Traballos premiados no 8º concurso de narracións curtas Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro (1983, Ediciós do Castro).
  • IV Festival da Poesía no Condado (1984, S. C. D. Condado).
  • Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984, Sotelo Blanco).
  • V Festival da Poesia no Condado (1985, S. C. D. Condado).
  • VI Festival da Poesía no Condado (1986, S. C. D. Condado).
  • Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole (1986, Concello de Lugo).
  • VII Festival da Poesia no Condado (1987, S. C. D. Condado).
  • VIII Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1988, S. C. D. Condado).
  • IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1989, S. C. D. Condado).
  • "Vía Durruti, ano trinta e seis", en Caderno de viaxe (1989, Xerais).
  • X Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1990, S. C. D. Condado).
  • "Interior do mundo", en Sede Central. Relatos 2 (1990).
  • "Renda do muro", en Contos eróticos / elas (1990, Xerais).
  • XI Festival da Poesia no Condado (1991, S. C. D. Condado).
  • XII Festival da Poesia no Condado (1992, S. C. D. Condado).
  • XIII Festival da Poesia no Condado (1993, S. C. D. Condado).
  • XIV Festival da Poesia no Condado (1994, S. C. D. Condado).
  • XV Festival da Poesia no Condado (1995, S. C. D. Condado).
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995, Ediciós do Castro).
  • Comunicación na periferia atlántica: extracto das actas do congreso celebrado en Santiago de Compostela en novembro 95 (1996, Universidade de Santiago de Compostela).
  • Construír a paz (1996, Xerais).
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Xerais).
  • Alguén agarda que volva alí (1998).
  • Skinwel hag etresevenaduriezh e Breizh, Galicia ha Bro-Gembre. Televisión e interculturalidade en Bretaña, Galicia e País de Gales. Teledu a rhyngddiwylliant yn Llydaw, Galicia a Chymru (1998, CRTVG).
  • Comunicación audiovisual: investigación e formación universitarias: actas do II Coloquio Brasil-Estado español de Ciencias da Comunicación (Santiago de Compostela, 23-25 de novembro de 1998) (1999, Universidade de Santiago de Compostela).
  • Para umha Galiza independente (2000, Abrente Editora).
  • Rituais (2000, Consello da Cultura Galega).
  • Galicia, Finlandia: modos de pensar: a cultura, o mundo, a comunicación. Actas das xornadas celebradas os días 9, 10 e 11 de novembro de 2000 en Santiago de Compostela (2002, Consello da Cultura Galega).
  • XVII Festival da Poesia. Verbas para nom esquecer... (2003, S. C. D. Condado).
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior).
  • Os "estados xerais" da cinematografía en Galiza. Catálogo de producións 2001-2002 (2004, Universidade de Santiago de Compostela).
  • O ensino no documental, o documental no ensino: encontro internacional de investigadores, 21, 22 e 23 de setembro 2005 (2006, Universidade de Santiago de Compostela).
  • Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero (2006, Espiral Maior/Xunta de Galicia).
  • Comunicación local no espazo lusófono: relatorios do VII Congreso Internacional da comunicación lusófona, Lusocom 2006 (2007, Asociación Galega de Investigadores e Investigadoras en Comunicación).
  • "Sen título", en A Coruña á luz das letras (2008, Trifolium).
  • Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación (2009, Fundación Manuel María).
  • Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70 (2009, Fundación Bautista Álvarez).
  • Á beira de Beiras. Homenaxe nacional (2011, Galaxia).
  • Galicia 1936-2011: estudos sobre o filme de Carlos Velo (2011, Universidade de Santiago de Compostela).
  • Lois Pereiro en 17 voces (2011, La Voz de Galicia).
  • Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012) (2012).
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).

Ensaio

  • Prensa e galeguismo (1982). Sada: Ediciós do Castro.
  • Foto-xoc e xornalismo de crise (1988). Sada: Ediciós do Castro. Premio Grupo Foto[11]
  • O diario postelevisivo (1993). Lea.
  • Documentalismo fotográfico contemporáneo (1995). Vigo: Xerais.
  • Informe sobre o audiovisual en Galicia, 1998 (2000). Consello da Cultura Galega.
  • "Comunicación local no espazo lusófono" (2007). Relatorios do VII Congreso Internacional da Comunicación Lusófona, Lusocom 2006. Asociación Galega de Investigadores e Investigadoras en Comunicación. Con Joam Evas.
  • Do bucle e da fenda: para un ensaio crítico sobre a cultura galega (2009). A Coruña: Real Academia Galega.
  • Coordinadora da serie Para unha historia do cinema en lingua galega, colección de tres volumes editada por Galaxia na que se traza un percorrido crítico e analítico polas películas desde o século XX ata as primeiras dúas décadas do XXI:[11] Marcas na paixase (2018),[24] A foresta e as árbores (2019), De illas e sereas (2020).

Castelán

editar

Ensaio

  • Documentalismo fotográfico: éxodos e identidad (1998, Cátedra).
  • Del Cine-Ojo a Dogma 95 : paseo por el amor y la muerte del cinematógrafo documental (2004, Paidós).
  • Cine de fotógrafos (2005, Gustavo Gili). Premio Fundació Espais d’Art Contemporani.[11]
  • El cuerpo y la cámara (Cátedra, 2020).

Filmografía

editar

Como directora

editar

Curtas: Lavacolla, 1939 (2005) - para o filme colectivo Hai que botalos; Cienfuegos, 1913 (2008); Illa (2009); Noite do mundo (2014); Bucle (2017) - para o libro-cd «Herdeiras» de Carmen Penim; Groenlandia (2018); A auga branca (2019)[2][18]

Mediametraxes: Apuntamentos para un filme (2012)[18]

 
Fábrica de Pontesa

Longametraxes:

  • Santa Liberdade (2004)[25]. Recupera a memoria do secuestro do buque Santa Maria, organizado por vinte e catro antifascistas galegos e portugueses do Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación en 1961, co obxectivo de denunciar as ditaduras de Franco e Salazar e que rebautizaron como Santa Liberdade.[6]
  • Hai que botalos (2005). Formado por 25 curtametraxes, documentais ou de ficción, que mostran un punto de vista crítico, da situación social, económica, política, cultural e laboral de Galicia. Dirección: Margarita Ledo, Emilio McGregor, Carlos Alberto Alonso, Jorge Bouza, Tomás Lijó, Quique Otero, Ozo Perozo, Álex Sampayo[26]
  • Liste, pronunciado Líster (2007)[27]. Modelo de biografía anticlásica para este líder comunista galego.[6]
  • A cicatriz branca (2012)[28]. Ficción construída sobre base documental que explora a figura da muller galega exiliada na Arxentina.[6]
  • Manuel María: Eu son fala e terra desta miña terra (2016)[29]. Nós, Produtora Cinematográfica Galega, libro-DVD).
  • Nación (2020). Obra sobre a loita das operarias da fábrica de cerámica A Pontesa (que pechou en 2001 en Ponte Sampaio, Pontevedra) que mestura arquivo documental con testemuños destas mulleres e escenas ficcionadas. Premio Especial á mellor dirección da película española que teña a súa estrea nacional ou mundial, no Festival de Cinema Europeo de Sevilla 2020. Tamén conseguiu o distintivo “especialmente recomendado para o fomento da igualdade de xénero” que outorga o Instituto de la cinematografía y Artes Audiovisuales (ICAA) para as películas que se van distribuír comercialmente en salas.[16][30]
  • Prefiro condenarme (2024). Cunha mistura de materiais diversos (filmacións de arquivo, fotografías, escenificacións), a película recolle a historia de Sagrario Ribela Fra, mariscadora da ría de Ferrol, que en 1972 foi acusada de adulterio e, contra todo prognóstico, foi absolta polo Tribunal eclesiástico de Compostela.

Como produtora

editar
  • CCCV CineClube Carlos Varela (2005). Dirección: Ramiro Ledo Cordeiro[31]
  1. 1,0 1,1 1,2 "Margarita Ledo Andión. Grupo de Estudo Audiovisuais. Universidade de Santiago de Compostela". estudosaudiovisuais.org. Consultado o 2021-04-25. 
  2. 2,0 2,1 2,2 García Puente, María; Hogan, Erin K. (2017). "Bio-filmografía de Margarita Ledo". gynocine (en inglés). Consultado o 2021-04-24. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Margarita Ledo". www.aelg.gal. Consultado o 2021-04-24. 
  4. 4,0 4,1 Oliver, Juan (2019-01-10). "Margarita Ledo". CORALIA. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2021. Consultado o 2021-04-25. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Margarita Ledo, libros y biografía de esta escritora en escritoras.com". escritoras.com. Consultado o 2021-04-25. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 "Retrospectiva Margarita Ledo - DOCUMENTAMADRID 2017". www.documentamadrid.com. Consultado o 2021-04-24. 
  7. Barxa, Nemésio (2018-04-10). "Margarita". Nós Diario. Consultado o 2021-04-25. 
  8. 8,0 8,1 8,2 "Margarita Ledo Andión. Galegos. Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2021-04-25. 
  9. "Margarita Ledo Andión". Dialnet (en castelán). Consultado o 2021-04-25. 
  10. ECG, Redacción. "La USC acaba de seleccionar a diez de sus profesores eméritos para los próximos tres cursos". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-05-12. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 "Margarita Ledo Andión recibe el «homenaje a toda una vida de investigación en comunicación» de la AE-IC – Grupo de Estudo Audiovisuais. Universidade de Santiago de Compostela". estudosaudiovisuais.org. Consultado o 2021-04-24. 
  12. "Grupo de Estudo Audiovisuais. Universidade de Santiago de Compostela". estudosaudiovisuais.org. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2021. Consultado o 2021-04-25. 
  13. "A xornalista Margarita Ledo, primeira muller en recibir o Otero Pedrayo". Galicia Confidencial. Consultado o 2021-04-25. 
  14. "Freixanes, reelegido presidente de la RAG, con el foco promocionar la presencia activa del gallego entre los jóvenes". Galiciapress (en castelán). Consultado o 2021-04-25. 
  15. "Margarita Ledo, primeira muller premiada co Otero Pedrayo nos seus 40 anos de historia". Sermos Galiza. 12/12/2017. Arquivado dende o orixinal o 22/12/2017. Consultado o 19/12/2017. 
  16. 16,0 16,1 "Nación de Margarita Ledo, a loita obreira desde a perspectiva das mulleres. Academia Galega do Audiovisual". Consultado o 2021-04-24. 
  17. "A xornalista Margarita Ledo, primeira muller en recibir o Otero Pedrayo". Galicia Confidencial. Consultado o 2021-04-25. 
  18. 18,0 18,1 18,2 "margarita ledo". Nación (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2021. Consultado o 2021-04-25. 
  19. "A cineasta galega Margarita Ledo premiada no Festival de Sevilla por 'Nación'". Galicia Confidencial. Consultado o 2020-11-14. 
  20. C.R (2021-08-11). "Los Premios Alecrín destacan la impronta del gallego en Cataluña". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-08-12. 
  21. "Margarita Ledo, Sonia Méndez y Noemí Chantada, premios «Mulleres no Foco»". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-09-24. Consultado o 2021-09-24. 
  22. "Margarita Ledo, galardoada co Premio Luís Porteiro Garea á promoción do galego". Real Academia Galega. 21 de xuño de 2023. 
  23. Lopo, Antón (2024-09-06). "Margarita Ledo presenta en Numax o martes 10 de setembro a súa antoloxía 'Prefiro condenarme'". A poesía necesaria. Consultado o 2024-09-11. 
  24. "Margarita Ledo: "Cando te expulsan do teu país soamente podes levar a lingua, non a terra"". Galicia Confidencial. Consultado o 2021-04-25. 
  25. "Santa Liberdade. NÓS Produtora Cinematográfica Galega". www.noscinema.gal. Consultado o 2021-04-25. 
  26. "Hai que botalos (2005)". Filmaffinity (en castelán). Consultado o 2021-04-25. 
  27. "Liste, pronunciado Lister. NÓS Produtora Cinematográfica Galega". www.noscinema.gal. Consultado o 2021-04-25. 
  28. "A cicatriz branca. NÓS Produtora Cinematográfica Galega". www.noscinema.gal. Consultado o 2021-04-25. 
  29. "Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra. NÓS Produtora Cinematográfica Galega". www.noscinema.gal. Consultado o 2021-04-25. 
  30. "A cineasta galega Margarita Ledo premiada no Festival de Sevilla por 'Nación'". Galicia Confidencial. Consultado o 2021-04-25. 
  31. "Proyectan en Monterroso de ‘CCCV-CineClube Carlos Varela’ de Ramiro Ledo Cordeiro – Rebelion" (en castelán). Consultado o 2021-04-25. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar


Predecesor:
Euloxio R. Ruibal
  
Arquiveira-Bibliotecaria da RAG
 
2013 - 2017
Sucesor:
Fina Casalderrey
Predecesor:
Henrique Monteagudo
  
 Secretaria da Real Academia Galega 
 
desde 2021
Sucesor: