Premio Nacional de Cine e audiovisual

premio de ámbito galego

O Premio Nacional de Cine e audiovisual foi un galardón outorgado pola Xunta de Galicia e concedido por un xurado de quince persoas de distintos ámbitos da cultura galega, como un dos dez Premios Nacionais da Cultura Galega.

Premio Nacional de Cine e audiovisual
Tipocategoría dun premio Editar o valor en Wikidata
Parte dePremios Nacionais da Cultura Galega Editar o valor en Wikidata
Concedido porXunta de Galicia Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación2008 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Localización
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Os premios concedéronse a creadores vivos que destacasen ese ano polo seu labor neste campo artístico do cinema e da creación audiovisual, ou en recoñecemento a unha traxectoria. O premio convocouse unicamente en 2008, edición na que os galardoados recibiron 15.000 euros de premio.

Aínda que con vocación de continuidade, a mudanza de goberno producida en 2009 supuxo a interrupción da convocatoria. Ao creárense en 2010 os Premios da Cultura Galega definiuse como continuadora a categoría Premio Cultura Galega de Creación Audiovisual.

Premiados

editar