Sonia Méndez

Directora de cine, guionista e actriz galega

Sonia Méndez Alonso, nada en Vigo o 14 de agosto de 1980, é unha directora de cine, guionista e actriz galega.[1]

Modelo:BiografíaSonia Méndez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de agosto de 1980 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónIES Sánchez Cantón Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, guionista, directora de cinema Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1667465 Facebook: srtaboop Instagram: sonia__mendez Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Estudou no IES Sánchez Cantón de Pontevedra, realizou diversos cursos de formación en cine, televisión e teatro. Entre outras a Escola de Imaxe e Son da Coruña[2], en Espazo Aberto (Santiago de Compostela), no Centre de Estudis Cinematográfics de Barcelona, na Escola Internacional de Cinema e TV de Cuba, e un Posgrao en Interpretación e Arte Dramática (Universidade de Santiago de Compostela).[3]

Dirixiu, guionizou e produciu as curtametraxes: Perversa Lola, Leo e Mario (déixanse), Ei, guapa! para a longametraxe colectiva Visións da Deputación de Pontevedra, As damas negras e Conversa cunha muller morta. Estas últimas premiadas co premio Mestre Mateo a Mellor Curtametraxe nos anos 2011 e 2012 entre múltiples premios e distincións.

Traballou como actriz en diversas series como Os Atlánticos ou Terra de Miranda para a CRTVG, Cuéntame cómo pasó para TVE ou El Vecino de Netflix e en longametraxes como Olvido y León ou Rafael.

Desde 2014 idea e dirixe o festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, primeiro festival de webseries e contidos dixitais de España.[4] Xunto á produtora Nati Juncal Portas creou en 2018 Cósmica Producións.[5] Xa con Cósmica, dirixiu e guionizou a serie Antes de perder para Playz-RTVE que tamén foi premiada co Mestre Mateo á mellor serie web en 2020 e a longametraxe documental A poeta analfabeta sobre a poeta, feminista e activista galega Luz Fandiño, estreado no festival Cineuropa de Santiago de Compostela, premios CREA a Mellor Dirección na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) e finalista candidato a Mellor Documental nos XX Premios Mestre Mateo e que está actualmente en distribución.

En 2019 foi a directora da gala dos XVII Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual.[6]

En 2024 escribiu e dirixiu a súa primeira longametraxe, As Neves, estreada o 10 de maio de 2024.[7]

É vicepresidenta da Academia Audiovisual Galega, membro da Asociación de Directores e Directora de Galicia (CREA) e da Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG).[8]

Filmografía

editar
 
Sonia Méndez en setembro de 2019.

Cinema

editar
Ano Título Personaxe Notas Ref.
2003 A rosa de Alexandría Longametraxe [9]
2007 Unha muller invisible Clara Longametraxe [10]
2008 Rafael Mariló Longametraxe [10][11]
2010 Perversa Lola - Curtametraxe. Directora e guionista. [12]
Leo e Mario (déixanse) - Curtametraxe. Directora e guionista [13]
Efectos colaterais Curtametraxe [14]
Anos despois Longametraxe [15]
2012 El sexo de los ángeles Marta Longametraxe [10][16]
As damas negras - Curtametraxe. Directora. [17]
Conversa cunha muller morta - Curtametraxe. Directora, guionista e produtora. [10][18][19]
2014 Porca miseria Entrevistada Curtametraxe [20]
2016 Migas de pan Longametraxe [10]
Ei, guapa! - Curtametraxe. Directora [21]
2020 Olvido y León Longametraxe [10]
A poeta analfabeta - Longametraxe documental. Directora e guionista [10]
2024 As Neves Longametraxe. Directora [22]

Televisión

editar
Ano Título Rol Notas Ref.
2001 - 2005 Terra de Miranda Bea Carballo Serie de televisión. 110 episodios. [10]
2004 Pepe Carvalho Isolina 1 episodio: "La rose d'Alexandrie" [10]
2005 Pataghorobí Telefilme [10]
2008 - 2009 Os Atlánticos Marta 26 episodios [10]
2008 Luar Como Marta da serie Os Atlánticos Programa de televisión. 4 programas. [10]
2009 Gondar 1 episodio: "Quen rouba a un ladrón..." [10]
2012 Angélica e Roberta Roberta Web serie. 2 tempadas e 18 episodios. [10][23]
2015 Cuéntame cómo pasó Beatriz 1 episodio: "El último minuto de nuestra vida" [10]
2019 Antes de perder Moza no cuarto de baño 1 episodio: "Buena suerte, chicas". Directora dos 7 episodios. [10][24]
Pequeñas dosis 6 episodios [10][25]
2022 Galicia de 20 a 20 Serie de televisión. TVG [10][26]

Premios

editar
  1. "Sonia Méndez :: CINE GALEGO". engalecine6.webnode.es. Consultado o 2020-11-04. 
  2. "Sonia Méndez, autor en CREA". CREA. Consultado o 2020-11-04. 
  3. "Sonia Méndez. AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-11-04. 
  4. "Sonia Méndez". CURTAS Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa. Consultado o 2020-11-04. 
  5. "Cósmica Producións: “Hai unha falta grande de historias de mulleres” – Asociación Galega de Productoras Independientes". Consultado o 2020-11-04. 
  6. "Sonia Méndez será la directora de la gala de los XVII Premios Mestre Mateo – CIMA – Asociación de mujeres cineastas y de medios audiovisuales" (en castelán). Consultado o 2020-11-04. 
  7. Cinemanía (2024-05-08). "Crítica de 'As Neves': un drama social gen Z que no juzga a los adolescentes". Cinemanía (en castelán). Consultado o 2024-05-11. 
  8. "Sonia Méndez". guionistas.gal. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2020. Consultado o 2020-11-04. 
  9. "A rosa de Alexandría / La rosa de Alejandría. AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-11-04. 
  10. 10,00 10,01 10,02 10,03 10,04 10,05 10,06 10,07 10,08 10,09 10,10 10,11 10,12 10,13 10,14 10,15 10,16 10,17 "Sonia Méndez". Internet Movie Database. Consultado o 13 de xullo de 2022. 
  11. "Rafael. AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-11-04. 
  12. "Perversa Lola. AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-11-04. 
  13. "Leo e Mario (déixanse) / Leo y Mario (se dejan). AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-11-04. 
  14. "Efectos colaterais. AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-11-04. 
  15. "Anos despois. AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-11-04. 
  16. Villaverde, Xavier (2012-05-04). "El sexo de los ángeles". Consultado o 2020-11-04. 
  17. "As damas negras. AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-11-04. 
  18. "Conversa cunha muller morta AVG AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-11-04. 
  19. "A realizadora galega Sonia Méndez estrea no Salón Teatro a curta “Conversa cunha muller morta” interpretada por Luís Zahera e Camila Bossa - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2020-11-04. 
  20. "Porca miseria AVG AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-11-04. 
  21. "Ei, guapa!". fiestra.gal. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2022. Consultado o 13 de xullo de 2022. 
  22. "Sonia Méndez, directora de «As Neves»: «Quero poñer en valor á rapazada galegado rural que non ten voz na vida pública»". La Voz de Galicia. 2023-01-09. Consultado o 2023-01-12. 
  23. "Angélica e Roberta. AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-11-04. 
  24. "Antes de perder". 2019-03-07. Consultado o 2020-11-04. 
  25. "Pequeñas Dosis". 11 de abril de 2019. Consultado o 13 de xullo de 2022. 
  26. "Galicia de 20 a 20". 29 de outubro de 2022. Consultado o 29 de outubro de 2022. 
  27. "Margarita Ledo, Sonia Méndez y Noemí Chantada, premios «Mulleres no Foco»". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-09-24. Consultado o 2021-09-24.