Migas de pan
Migas de pan é un filme uruguaio-galego de 2016 dirixido por Manane Rodríguez. Está protagonizado por Cecilia Roth e Justina Bustos.[2] Foi escollido como candidato do Uruguai para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 89ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[3]
Migas de pan | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Migas de pan |
Director | Manane Rodríguez |
Produtor | Chelo Loureiro |
Guión | Manane Rodríguez Xavier Bermúdez |
Intérpretes | Cecilia Roth Justina Bustos María Pujalte Margarita Musto Stefanía Crocce Sonia Méndez Nuria Fló Patxi Bisquert Sergio Quintana Ernesto Chao María Vidal Artur Trillo |
Fotografía | Diego Romero Suárez-Llanos |
Montaxe | Sandra Sánchez |
Estudio | Xamalú Filmes RCI Producciones |
Estrea | 14 de agosto de 2016 |
Duración | 109 minutos |
Orixe | Galicia Uruguai |
Xénero | Drama |
Recadación | 18.341,39 € [1] |
Na rede | |
Na 15ª edición dos Premios Mestre Mateo, o filme foi nomeado en tres categorías, mellor filme, mellor guión e mellor maquillaxe e peiteado, mais finalmente non conseguiu ningún dos galardóns.
Estreouse en galego o 6 de marzo de 2021 na tvG2.[4]
Sinopse
editarA moza Liliana Pereira (Justina Bustos), en Montevideo, universitaria e nai dun bebé, participa nas loitas estudantís contra a ditadura cívico-militar no seu país. Xunto a outras mulleres, é secuestrada, encerrada e torturada, e desposuída da patria potestade do seu fillo. O apoio mutuo coas súas compañeiras de reclusión fortalécea e acompáñaa. Tras anos de exilio en España, e ó decatarse de que será avoa, Liliana Pereira (Cecilia Roth) decide volver ó Uruguai para participar coas súas excompañeiras na denuncia do inferno sufrido na súa mocidade e para recuperar os vínculos sentimentais co seu fillo.
Elenco
editar- Cecilia Roth como Liliana Pereira
- Justina Bustos como Liliana Pereira (moza)
- Patxi Bisquert
- Ernesto Chao
- María Pujalte
- Margarita Musto
- Quique Fernández
- Andrea Davidovics
- Ignacio Cawen
- Stefanía Crocce
- Sonia Méndez
- Nuria Fló
- Inés Lage
- Sergio Quintana
- María Vidal
- Artur Trillo
Galardóns e nomeamentos
editarAno | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
15ª edición | Mellor filme | Manane Rodríguez | Nomeado |
Mellor guión | Manane Rodríguez, Xavier Bermúdez | Nomeados | |
Mellor maquillaxe e peiteado | Susana Veira, Yolanda Sousa, Mariana Correa, Sandra Ramos, María Laura Rebora | Nomeadas |
Notas
editar- ↑ Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de Migas de pan". Consultado o 17 de febreiro de 2020.
- ↑ mehrnews (ed.). "‘Parting’ to represent Iran at Busan filmfest.". Consultado o 9 de setembro de 2016.
- ↑ European Women's Audiovisual Network, ed. (9 de setembro de 2016). ""Breadcrumbs", Spanish-Uruguayan film produced by EWA members, preselected for the Oscars". Consultado o 17 de setembro de 2016.
- ↑ Versión en galego (ed.). "Migas de pan na TVG". Consultado o 9 de xullo de 2021.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Filmes do Uruguai propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 89ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
editar- Migas de pan na IMDb (en inglés).