Luz Fandiño

escritora e activista galega

Marina Luz Fandiño Rodríguez, nada en Santiago de Compostela o 23 de novembro de 1931 e finada na mesma cidade o 28 de abril de 2024,[1] foi unha escritora e activista galega.

Infotaula de personaLuz Fandiño

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de novembro de 1931 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte28 de abril de 2024 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , activista Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua galega e lingua francesa Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1473299 Dialnet: 5205282

Traxectoria

editar
Entrevista en 2017.

Naceu no barrio de Sar, Santiago de Compostela. En 1952 emigrou á Arxentina fuxindo da pobreza e en 1964 emigrou de novo a Francia. No ano 1979 retornou definitivamente a Galicia, a Santiago de Compostela onde reside.

Colaborou en diferentes publicacións galegas, no programa Diario Cultural da Radio Galega, coas Redes Escarlata, Mulheres Trasgredindo e Mar de Tinta. Reivindica a lingua,[2] os dereitos do pobo e o poder transformador da poesía.

Seguiu en activo ata os seus últimos momentos, escribindo diariamente e acudindo a centros sociais, colexios e institutos a dar charlas sobre a súa estadía na emigración, os seus poemas e a súa visión da vida. Tamén participou asiduamente nos recitais organizados no Pub Modus Vivendi, local nocturno do casco vello compostelán e en toda protesta e manifestación cuxa causa se aliñase coas súas loitas.

Cantautoras coma Sés, Laura LaMontagne ou Zeltia Irevire musican versos da autora nos seus traballos musicais.

A directora Sonia Méndez estreou no 2020 o seu filme A poeta analfabeta[3] baseado na vida da escritora e activista. No 2022 Fandiño publica o seu poemario homónimo.[4][5]

A comezos de 2024 publica nunha edición de autor No corazón da terra, un poemario moi persoal e intimista que adica á súa nai e á súa avoa e que conta con temáticas que nos achegan a cuestionarnos sobre a vida, o amor, a vellez e a morte. A publicación conta con dúas edicións simultáneas con diferente deseño de cuberta; unha delas deséñaa a ilustradora Ana Crujeiras, e a outra é obra da tamén poeta e amiga Andy da Fonte.

Poesía

editar
 
Cuberta de Andy da Fonte para No corazón da terra, 2024.

Contos

editar
  • Farangulliña de neve, 1998.
  • Kaltune, a fadiña da praia.
  • Só os nenos e nenas poderán salvar a Terra[9] (con ilustracións de Olga Vieites e nenos e nenas do CEIP de Vedra), 2013.
  • A carballeira engaiolada (con ilustracións de Olga Vieites), 2014.

Obras colectivas

editar

Premios

editar
 
Cadaleito de Luz Fandiño no tanatorio de Boisaca.
  • 2019: Foi agasallada pola Asociación Cultural Agromadas de Seixalbo co XI Premio Freire Carril.[10]
  • 2022: A Asociación Cultural Val de Láncara concédelle o XX Premio Ramón Piñeiro Facer país.[11]
  • 2023: VII Premio "Begoña Caamaño" á acción cultural pola igualdade de xénero da Deputación da Coruña. Por[12]:
... pola súa traxectoria vital e como creadora, e polo seu activismo que mantén intacto os seus 92 anos... é exemplo de coherencia, rebeldía e dignidade, pola súa loita polos dereitos das mulleres e por ser inspiradora para as novas xeracións, que a seguen a buscar para escoitar a súa abraiante peripecia persoal.
  1. "Falece a poeta e activista Luz Fandiño". Nós Diario. 28 de abril de 2024. Consultado o 1 de maio de 2024. 
  2. Malas Linguas II - Argumentos Luz Fandiño. (Entrevista). Consultado o 20 de marzo de 2019. 
  3. Luisa (2020-11-11). "Cineuropa estrea en primicia 'A poeta analfabeta'". #CINEUROPA34. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2021. Consultado o 2021-03-11. 
  4. 4,0 4,1 "Santiago Posteguillo, Luz Fandiño y Úrsula Heinze presentan libros". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-05-12. Consultado o 2024-04-03. 
  5. 5,0 5,1 "📣📆 #13M #Compostela | Presentación do libro ‘A poeta analfabeta’ de Luz Fandiño". X. Consultado o 03/04/2024. 
  6. asociacionescritoras-es (2019-01-31). "Compostela: presentación de Berro herdado, de Luz Fandiño | ::Axenda cultural AELG::". Consultado o 2024-04-21. 
  7. "Anuncio presentación do libro Arrecendo de Mensaxes de Luz Fandiño". www.facebook.com. Consultado o 2024-04-21. 
  8. "Nova obra Luz Fandiño". Andy da Fonte. 2024-04-03. Consultado o 2024-04-04. 
  9. "Luz Fandinho presenta o seu terceiro relato para crianzas: cómpren contos en galego e mestres comprometidos coa nosa lingua". 19/07/2013. Consultado o 28/04/2024. 
  10. Ourense, Redacción (2019-06-30). "Luz Fandiño recibe el XI Premio Freire Carril de Agromadas". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-03-11. 
  11. XA, Redacción (2022-10-17). "A asociación Val de Láncara concede o Ramón Piñeiro Facer País a Luz Fandiño - SARRIAXA". GALICIAXA. Consultado o 2022-12-30. 
  12. Diario, Nós (2023-06-05). "O 'Begoña Caamaño' recoñece a traxectoria da poeta Luz Fandiño". Nós Diario. Consultado o 2023-06-06. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar