Netflix
Netflix, Inc. é unha empresa comercial estadounidense de contidos multimedia que proporciona mediante unha tarifa plana mensual, series e filmes en streaming, baixo demanda por Internet e DVD-por-correo, onde os DVD se envían mediante Permit Reply Mail. A compañía foi fundada en 1997 e ten a súa sede en Los Gatos, California. Comezou o seu servizo baseado en subscrición en 1999. Para o ano 2009, Netflix estaba a ofertar unha colección de 100 000 títulos en DVD e posuía máis de 10 millóns de clientes subscritores. O 25 de febreiro de 2007, Netflix entregou o DVD número mil millóns. En abril de 2011, Netflix superou a cifra de 23 millóns de subscritores, que se converteron en máis de 60 millóns no ano 2015.[1]
Netflix, Inc. | |
---|---|
Sede de Netflix en Los Gatos, California | |
Tipo | Empresa de capital aberto |
Fundación | 29 de agosto de 1997 |
Localización | 100 Winchester Circle, Los Gatos, California, Estados Unidos |
Fundador | Reed Hastings Marc Randolph |
Industria | Informática Software Streaming Alugamento de filmes |
Beneficio neto | 3.000 millóns de euros (2008) |
Número de empregados | 3.200 (2015) |
Na rede | |
https://netflix.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O 20 de outubro de 2015, Netflix chegou a Galicia. En xaneiro de 2016, a empresa expandiuse pola maioría dos países do mundo, chegando a máis de 190.[2]
Netflix estreou internacionalmente a primeira serie en lingua galega distribuída pola plataforma o 29 de marzo de 2019: O sabor das margaridas.[3]
Tras a invasión rusa de Ucraína en 2022, o 4 de marzo de 2022, Netflix anunciou que puxo en pausa todos os futuros proxectos e adquisicións de Rusia.[4] Dous días despois, o 6 de marzo de 2022, Netflix anunciou que suspendería o seu servizo en Rusia.[5]
Notas
editar- ↑ "Netflix earnings crushing millestones.".
- ↑ "Netflix Is Now Available Around the World". Consultado o 23 marzo 2016.
- ↑ "Netflix estrea 'O sabor das margaridas', a primeira serie en galego da plataforma". El Progreso. 29/3/2019.
- ↑ "Netflix pauses future projects in Russia" (en inglés). 2022-03-02. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2022. Consultado o 2022-03-04.
- ↑ Lang, Brent (2022-03-06). "Netflix Suspends Service in Russia Amid Invasion of Ukraine". Variety (Penske Media Corporation). Consultado o 2022-03-06.