O sabor das margaridas

serie de televisión galega

O sabor das margaridas é unha serie de televisión galega do xénero de suspense policial que se estreou na TVG o 3 de outubro de 2018.[1] Está dirixida por Miguel Conde, con guión de Ghaleb Jaber Martínez, Eligio Montero e Raquel Arias. Estreouse internacionalmente a través de Netflix o 29 de marzo de 2019,[2] sendo a primeira serie en lingua galega distribuída pola plataforma.[3] A serie tivo unha boa acollida no seu lanzamento en streaming, especialmente no Reino Unido e Irlanda, onde conseguiu situarse no sétimo posto das producións en lingua non inglesa máis vistas neses países.[4] O seu éxito, motivou a confirmación dunha segunda tempada por parte de Netflix, cuxa rodaxe comezou en decembro de 2019 e que foi estreada na TVG en marzo de 2020.

O sabor das margaridas
FormatoSuspense
Desenvolvido porTVG, CTV e Comarex de CV
Dirixido porMiguel Conde
IntérpretesMaría Mera
Toni Salgado
País de orixeGalicia Galicia
Lingua(s)Galego
Temporadas2
Episodios12
Produción
Duración70 minutos
DistribuidorNetflix
Emisión orixinal
Canle de orixeTVG
Primeiro episodio3 de outubro de 2018 (TVG)
29 de marzo de 2019 (Netflix)
Na rede
IMDB: tt9412454 Allocine: 26346 Rottentomatoes: tv/o_sabor_das_margaridas Netlix: 80992232Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Nos Premios Mestre Mateo 2018 gañou o galardón á mellor serie de televisión,[5] estando nomeada a un total de oito categorías.[6]

Sinopse editar

Ambientada no ano 2010, a historia desenvólvese na véspera da chegada do Papa Bieito XVI a Santiago de Compostela. A acción prodúcese nunha vila illada do interior de Galicia, onde unha moza conflitiva, Marta Labrada, é secuestrada. Rosa Vargas é a axente de policía encargada da investigación do caso, contando coa axuda de dous axentes locais. Porén, o caso non é tan sinxelo como semellaba nun principio e a investigación destapa toda unha serie de crimes que permaneceran ocultos na vila "onde nunca pasa nada".[1]

Elenco editar

1ª tempada editar

2ª tempada editar

Produción editar

Rodaxe editar

A rodaxe produciuse en maio de 2018, e rematou o 22 de xuño,[7] con localizacións exteriores en Abegondo, A Estrada, Vedra e Santiago de Compostela, e nos estudios de CTV en Teo.[7]

A rodaxe da segunda tempada comezou en decembro de 2019.[4]

Estrea editar

A serie preestreouse o 1 de outubro de 2018 no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela.[8]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 TVG, ed. (3 de outubro de 2018). "Chega á TVG 'O sabor das margaridas', novo thriller policial onde o secuestro dunha moza dá lugar a unha historia de vinganza". Consultado o 30 de marzo de 2019. 
  2. pipocas.amesa.gal (ed.). "O sabor das margaridas". Consultado o 16 de xaneiro de 2023. 
  3. El Progreso, ed. (29 de marzo de 2019). "Netflix estrea 'O sabor das margaridas', a primeira serie en galego da plataforma". Consultado o 30 de marzo de 2019. 
  4. 4,0 4,1 "El milagro del ‘thriller’ gallego que nadie quería y que triunfó en Netflix". El País (en castelán). 8 de decembro de 2019. Consultado o 9 de decembro de 2019. 
  5. Praza.gal, ed. (3 de marzo de 2019). "'A sombra da lei' triunfa nos Mestre Mateo con 10 premios". Consultado o 30 de marzo de 2019. 
  6. Praza.gal, ed. (7 de febreiro de 2019). "'A sombra da lei' e 'Trote', con 15 candidaturas, favoritas nos Premios Mestre Mateo". Consultado o 30 de marzo de 2019. 
  7. 7,0 7,1 TVG, ed. (27 de maio de 2018). "O sabor das margaridas, o novo 'thriller' que chegará á TVG a finais de 2018". Consultado o 30 de marzo de 2019. 
  8. TVG, ed. (1 de outubro de 2018). "Preestrea de 'O sabor das margaridas', o novo thriller policial da TVG". Consultado o 30 de marzo de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar