As Neves (filme)

filme de 2024 dirixido por Sonia Méndez

As Neves é un filme galego de 2024 escrito e dirixido por Sonia Méndez. É un drama rodado en lingua galega e protagonizado por Andrea Varela, David Rodríguez Fernández, Antía Mariño e Lucía Veiga, xunto aos debutantes Xacobe Bruña Alonso, Irene Rodríguez Vence, Diego Caro, Santi Carmena Rico, Jenny Soto Romarís e Adriana Fernández Pazó. Estreouse de forma mundial no Festival de Málaga o 6 de marzo de 2024, e nos cines españois o 10 de maio de 2024, con distribución de Sideral Cinema.

As Neves
Ficha técnica
Título orixinalAs Neves
DirectorSonia Méndez
ProdutorPedro Hernández Santos, Nati Juncal Portas
GuiónSonia Méndez
IntérpretesAndrea Varela
David Rodríguez Fernánde
Antía Mariño
Lucía Veiga
MúsicaAnddy Bell
FotografíaLucía C. Pan
MontaxeJuliana Montañés
DistribuidoraSideral Cinema
EstreaFestival de Málaga: 6 de marzo de 2024
Galicia 10 de maio de 2024
Duración83 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroDrama
Recadación68.091,51 €[1]
Na rede
IMDB: tt26164896 Filmaffinity: 988179 Editar o valor en Wikidata

Sinopse

editar

As Neves é unha vila galega de montaña onde todos se coñecen. A noite de Entroido un grupo de adolescentes celebran unha festa e dróganse con cogomelos por primeira vez. Ao día seguinte espertan cun temporal de neve e a noticia de que Paula, unha das mozas da festa, desapareceu. Mentres, a vila queda incomunicada e cae Internet. Cada vez é máis urxente atopala. Iníciase unha investigación que causará un profundo cambio nas súas vidas e na súa relación co mundo.[2][3]

Personaxes

editar
  • Andrea Varela como Erea
  • David Rodríguez Fernández como Manu
  • Antía Mariño como Paula
  • Xacobe Bruña Alonso como Diego
  • Irene Rodríguez Vence como Sabela
  • Diego Caro como Óscar
  • Santi Carmena Rico como Breo
  • Jenny Soto Romarís como Pomba
  • Adriana Fernández Pazó como Bea
  • Lucía Veiga como o Sarxento Portas
  • Luísa Merelas como a avoa
  • Xabier Deive como o pai

Produción

editar

O 15 de decembro de 2022, anunciouse que a rodaxe da película As Neves, dirixida por Sonia Méndez na súa primeira longametraxe de ficción, comezaría na vila galega da Fonsagrada.[4] Para xaneiro de 2023, a película xa alcanzara a fase final da rodaxe.[5] O músico británico Andy Bell, anteriormente baixista de Oasis, compuxo a banda sonora para a película.[6]

Aínda que o orzamento total da cinta se descoñece, a longametraxe recibiu 302.892 euros procedentes das axudas xerais do ICAA, así como dous importes en axudas da Xunta de Galicia de 18.200 euros para a fase de desenvolvemento en 2019 e de 260.000 euros para a rodaxe en 2022.[7][8]

Lanzamento e promoción

editar
 
Entrada para o filme As Neves nos cines Tamberlick de Vigo.

En febreiro de 2024, anunciouse que As Neves tería a súa estrea mundial no Festival de Málaga o 6 de marzo de 2024, e Sideral Cinema programou a súa estrea en cines para o 10 de maio de 2024.[9][10] O 18 de abril de 2024 foi lanzado o tráiler final da película.

Foi preestreada na Fonsagrada, o lugar onde se rodou, xunto coa Pontenova.[11]

  1. Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de As Neves". Consultado o 12 de setembro de 2024. 
  2. "Tráiler de 'As Neves', el thriller adolescente gallego de Sonia Méndez" (en castelán). 2024-04-18. Consultado o 2024-05-11. 
  3. "Crítica de 'As Neves', un crimen para conocer a los "centennials" galegos". Fotogramas (en castelán). 2024-05-10. Consultado o 2024-05-11. 
  4. REDACCION (2022-12-15). "Comienza el rodaje de la película 'As Neves', ópera prima de Sonia Méndez". Panorama Audiovisual (en castelán). Consultado o 2024-05-11. 
  5. Ramudo (2023-01-10). "Sonia Méndez ultima en A Fonsagrada la filmación de la película 'As Neves'". COPE (en castelán). Consultado o 2024-05-11. 
  6. Mato, Mar (2024-03-07). "“As Neves”, la película gallega que cautivó al bajista de Oasis, se estrena en Málaga". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2024-05-11. 
  7. AV451, Redacción (2022-12-14). "Sonia Méndez rueda en Galicia su primer largo: ‘As neves’, producido por Aquí y Allí Films y Cósmica Producións". Audiovisual451 (en castelán). Consultado o 2024-05-11. 
  8. "Sonia Méndez rueda en Galicia ‘As neves’". 2022-12-21. Consultado o 2024-05-2. El departamento de Industrias Culturales de la Xunta financia con 260.000 euros la realización de este largometraje, al que ya había destinado 18.200 euros en el año 2019, al amparo de la línea de aportaciones para el desarrollo de este tipo de proyectos. 
  9. Lugo, El Progreso de (2024-02-15). "Dos películas rodadas en Lugo, a Málaga". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2024-05-11. 
  10. Hoy, Málaga (2024-03-06). "'As neves', de Sonia Méndez: 'Twin Peaks' en Galicia y en galego". Málaga Hoy (en castelán). Consultado o 2024-05-11. 
  11. "La película gallega As Neves se preestrena en A Fonsagrada (Lugo), lugar en el que se rodó". Quincemil (en castelán). 2024-05-02. Consultado o 2024-05-11. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar