Pataghorobí

filme de 2005 dirixido por Ricardo Llovo

Pataghorobí é unha longametraxe galega dirixida por Ricardo Llovo no ano 2005. Trátase dun filme de suspense de 70 minutos de duración, a primeira TV movie das catro que conformaron o proxecto Un mundo de historias de Televisión de Galicia. A rodaxe da cinta levouse a cabo integramente na cidade de Vigo, sendo o primeiro telefilme rodado en galego.

Pataghorobí
Tipofilme Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticocinema dramático Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua galega Editar o valor en Wikidata
Autoría
Director/aRicardo Llovo Editar o valor en Wikidata
Compositor/aTeo Cardalda Editar o valor en Wikidata
GuionistaOriol Paulo e Francisco Xosé Fernández Naval Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEspaña Editar o valor en Wikidata
Localización
Localización rodaxeGalicia Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
RedesIMDB: tt0472547 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Sinopse

editar

Un escritor vigués recibe unha carta encadeada coa solicitude de que a reenvíe. Trátase da típica misiva que promete boa sorte se colaboras e ameaza coa desgraza en caso de non continuar coa cadea.

O protagonista non lle dá importancia ó asunto e desfaise do orixinal, aínda que garda unha copia pensando que quizais lle poida servir de inspiración nalgún relato que escriba no futuro.

Pouco despois danse unha serie de feitos desafortunados que fan que lembre aquela misteriosa carta.

Equipo técnico

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar