Grupo de Estudios sobre a Condición da Muller Alecrín

Asociación feminista galega (1985-2009)

O Grupo de Estudios Sobre a Condición da Muller Alecrín foi unha asociación sen ánimo de lucro feminista viguesa, constituída en 1985 co fin de promover a total incorporación das mulleres nos ámbitos social, económico, político e cultural e de eliminar obstáculos que impedisen ou limitasen a súa plena integración. Xestionou varios centros e servizos de atención ás mulleres en Vigo e Santiago de Compostela e anualmente entregaba os Premios Alecrín-Alacrán. Disolveuse en abril de 2009.

Grupo de Estudios sobre a Condición da Muller Alecrín
Biblioteca-Centro de Documentación Alecrín. Carteis e exposición de libros (Vigo,1996) Editar o valor en Wikidata
Tipoorganización e asociación
Campo de traballofeminismo
Data de fundación1985
EnVigo
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Alecrín constituíuse como asociación en xaneiro de 1985 por iniciativa de 35 mulleres de distintas profesións, interesadas pola problemática da muller, que se organizaron co obxectivo de cubrir un espazo de atención á muller que non estaba resolto institucionalmente.[1]

Os fins da Asociación estaban recollidos nos seus estatutos:[2]

  1. Promover a participación e a integración das mulleres na vida social, laboral, económica e cultural.
  2. Remover os obstáculos que impiden a plena aplicación do principio constitucional de non discriminación por razón de sexo.
  3. Promover actividades ou campañas de rexeitamento social á violencia que se exerce contra as mulleres.
  4. Fomentar accións destinadas ó colectivo novo no ámbito da saúde sexual e reproductiva.
  5. Planificar programas de atención permanente a mulleres con problemáticas específicas.
  6. Auspiciar reformas lexislativas para conseguir a plena igualdade das mulleres

A Asociación estivo integrada en distintos colectivos de ámbitos xeográficos diversos: Coordinadora Española do Lobby Europeo de Mulleres (CELEM) (ámbito estatal); Plataforma pola Abolición da Prostitución (ámbito estatal); Red de organizaciones feministas contra a violencia de xénero (ámbito estatal); Coordinadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres (ámbito autonómico); Plataforma por un permiso de paternidad intransferible, de ámbito estatal, constituída en outubro de 2005, en torno ao obxectivo dun permiso de paternidade intransferible e non derivado do permiso de maternidade.[3]

En 2009 varias integrantes de Alecrín comunicaron a desaparición do colectivo, tras 24 anos de existencia, forzado por motivos económicos.[4][5]

Centros, servizos e actividades

editar

Centros propios

editar

No ano 1986, a asociación abriu en Vigo o primeiro Centro de Información dos dereitos das mulleres de Galicia, impulsado por Ana Míguez -presidenta durante máis de vinte anos[6]-, Lola Galovart, Celia Miralles -a primeira presidenta da Asociación- en colaboración con outras feministas como Macamen Blanco, Merche Inza, Marga Pérez Mariño. No seu inicio foi financiado polas cotas das socias e unha subvención do Instituto de la Mujer. Tras as eleccións municipais de 1987 e con María Xosé Porteiro á fronte da Concellería da Muller do Concello de Vigo, Alecrín pasou a recibir subvención municipal.[1] O Centro pechou cando foi asumido polo Concello de Vigo.

Posteriormente, creou varios centros dende onde se ofreceron diferentes servizos e se organizaron distintas actividades en función dos seus respectivos obxectivos.

En Vigo, estes centros foron:

Tras o peche da Asociación, os fondos da Biblioteca de Alecrín pasaron ao Centro de documentación e recursos feministas de Vigo, inaugurado en 2010[9]
  • Centro de Día para Mulleres Prostituídas e Unidade móbil (1996-2009).
Tras o peche da Asociación Alecrín, a Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución, creada por extraballadoras de Alecrín e presidida por Carmen Lago[10], deu continuidade o labor que viña desenvolvendo este servizo.[11]
  • Centro Xove de Información afectivo-sexual (2000-2009)[12]
  • Centro de información para Mulleres inmigrantes (2007-2009)[13]

En Santiago de Compostela funcionaron tamén:

  • Centro de Información dos Dereitos da Muller (1997-2002)
  • Centro de Día para Mulleres prostituídas (2000-2004)[14]

Servizos xestionados

editar

Outros Servizos municipais que xestionou a asociación:

  • Casa da Acollida para Mulleres do Concello de Vigo (1990-2008)[1]
  • Casa de Acollida para Mulleres do Concello de Santiago de Compostela (1995-2001)[1]
  • Piso Tutelado para Mulleres do Concello de Vigo (1999-2008)

Actividades organizadas pola propia asociación

editar

Ademais de charlas, cursos, asesoramento, colaboracións con outras asociacións similares de ámbitos galego, estatal, ou internacional, a asociación organizou algunhas actividades de xeito periódico como:

  • Actividades de animación sociocultural como Club de lectura, Ciclos de cine-forum, Obradoiros de escritura creativa, Charlas, etc [16]
  • Actividades e campañas de sensibilización, prevención e divulgación.[17]

Recoñecementos

editar

Galería de imaxes

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Bar Cendón, Mónica (2010). Feministas galegas : claves dunha revolución en marcha. Vigo: Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9914-079-7. OCLC 567155224. 
  2. Fente, Elvira (imp. 2010). Parir a liberdade o Movemento feminista en Galicia. Santiago de Compostela: Alvarellos. ISBN 978-84-89323-45-2. OCLC 869773845. 
  3. "SNet: ABOLIR la PROSTITUCIÓN". antigua.solidaridad.net. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2020. Consultado o 2020-03-02. 
  4. "Alecrín cierra hoy sus puertas tras 24 años de intensa lucha feminista". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2020-03-02. 
  5. "BOE.es - Documento BOE-B-2012-30036". www.boe.es. Consultado o 2020-03-09. 
  6. "Ana Miguez Vigo – Executivas" (en castelán). Consultado o 2020-03-10. 
  7. "El concello recorta las ayudas para la única biblioteca de mujeres de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 2002-06-11. Consultado o 2020-03-02. 
  8. Muñoz, Ana M. Muñoz; Jiménez, Montse Argente (2010). "Red de Centros de Documentación y Bibliotecas de Mujeres: cooperación entre las bibliotecas feministas españolas". El profesional de la información 19 (5): 504–509. ISSN 1699-2407. 
  9. "La Biblioteca Central aloja el nuevo Centro de Documentación de Recursos Feministas". La Voz de Galicia (en castelán). 2010-03-26. Consultado o 2020-03-09. 
  10. "Carmen Lago, premio Esplai: "La mujer prostituida no es más que una víctima"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2020-03-09. 
  11. "La prostitución crece con la crisis y se oculta en pisos". El País (en castelán). 2010-07-10. ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-03-09. 
  12. "La píldora postcoital ocupa una de cada tres consultas del Centro Xove de Alecrín". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2020-03-09. 
  13. "Alecrín crea en Vigo el primer centro gallego especializado en información y asistencia a mujeres inmigrantes". www.europapress.es. 2007-10-18. Consultado o 2020-03-09. 
  14. "El centro de día para prostitutas atendió el pasado año más de cien consultas". La Voz de Galicia (en castelán). 2002-02-17. Consultado o 2020-03-02. 
  15. "especial | Álbum de mulleres | culturagalega.org". culturagalega.gal. Consultado o 2020-03-09. 
  16. "Experiencia de animación sociocultural.Xénero e Documentación". culturagalega.gal. Consultado o 2020-03-10. 
  17. "Vigo pone en marcha un plan para sensibilizar a clientes de prostitutas". La Voz de Galicia (en castelán). 2006-09-04. Consultado o 2020-03-02. 
  18. "Vigueses Distinguidos Relación vigueses distinguidos y medallas de la ciudad (1987 – 2016)". fundacionviguesesdistinguidos.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2018. Consultado o 2020-02-24. 
  19. "Galardón para Lamazares". La Voz de Galicia (en castelán). 2007-08-10. Consultado o 2020-03-09. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar