Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres
A Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres, creada en 1995, está formada por unidades de información especializadas, situadas no estado español. Os centros que a forman contan con fondos documentais especializados en estudos de xénero, feminismo e mulleres en xeral. A finalidade da Rede é potenciar a cooperación bibliotecaria e a coordinación para a solución de problemas comúns, así como a elaboración de ferramentas de traballo que faciliten o labor dos centros.[1]
Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres | |
---|---|
Tipo | rede de bibliotecas |
Data de fundación | 1995 |
País | España |
Na rede | |
http://redcdbibmujeres.blogspot.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Rede, única existente destas características no Estado, abarca case todas as Comunidades Autónomas. As bibliotecas e centros de documentación integrantes pertencen a distintas entidades e teñen en común que todas son de uso público, que os seus fondos están catalogados e organizados con procedementos normalizados, utilizan linguaxes de indización non sexistas e contan con persoal experimentado en xestión documental.[2]
Historia
editarO primeiro contacto entre centros de documentación e bibliotecas de mulleres tivo lugar no marco das Jornadas Feministas Estatales: Juntas y a por todas (Madrid, 1993), durante o desenvolvemento dun obradoiro relacionado coa xestión da documentación sobre mulleres.
En 1994 a Biblioteca da Muller de IPES Elkartea de Pamplona organizou o primeiro Encontro de Centros de Documentación e Bibliotecas de Muller e, en 1995, foi a Biblioteca de Mulleres de Madrid quen organizou un segundo encontro, constituíndose propiamente a Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres.[3]
A Rede naceu co fin de servir como medio de comunicación e cooperación entre os establecementos documentais especializados en Muller e Xénero existentes en todo o estado español.[4]
Tipoloxía de centros que integran a Rede
editarSegundo a súa dependencia administrativa clasifícanse en catro grupos:[5]
- Dependentes dos organismos gobernamentais promotores de políticas públicas para a igualdade, das administracións estatal e autonómicas.
- Bibliotecas e centros de información e recursos da administración local vinculados a concellos e deputacións.
- Bibliotecas de asociacións afíns ao movemento feminista,
- Servizos de documentación dos centros de investigación universitaria.
Centros de documentación e bibliotecas de mulleres integrados na Rede
editarCentros integrados na Rede, por Comunidades Autónomas:[6]
Andalucía:
- Centro Europeo das Mulleres "Mariana de Pineda" do Servizo de Igualdade de Oportunidades. Concello de Granada.
- Biblioteca da Delegación de Igualdade e Mocidade. Deputación de Granada.
- Biblioteca-Centro de Documentación do Servizo de Igualdade de Xénero. Deputación de Málaga
- Centro de Documentación "María Zambrano". Instituto Andaluz da Muller
- Biblioteca do Instituto de Investigación de Estudos das Mulleres e de Xénero. Universidade de Granada
Aragón:
- Centro de Documentación e Biblioteca. Instituto Aragonés da Muller
Castela-A Mancha:
- Centro de Documentación. Instituto da Muller de Castela-A Mancha
Castela e León:
- Centro de Documentación e Biblioteca da Muller de Valladolid
- Biblioteca do Centro de Estudos da Muller. Universidade de Salamanca
Cataluña:
- Centro de Recursos e Asesoramento para as Mulleres de Badalona. Programa Municipal para a Muller
- Biblioteca Francesca Bonnemaison
- Centre de Documentación Ca La Dona
- Centro de Documentación "Joaquima Alemany i Roca". Instituto Catalán das Mulleres
- Centro de Estudos e Documentación das Mulleres do Seminario Interdisciplinar de Estudos da Muller. Centre "Dolors Piera" de Igualdade de Oportunidades e Promoción das Mulleres. Universidade de Lleida
Comunidade de Madrid:
- Servizo de Documentación e Biblioteca "Clara Campoamor". Concello de Alcobendas
- Centro de Documentación de Igualdade de Oportunidades. Concellería de Familia e Benestar Social. Concello de Móstoles.
- Centro de Documentación. Instituto da Muller. Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade de España
- Biblioteca do Instituto Universitario de Estudos da Muller. Universidade Autónoma de Madrid.
Comunidade Valenciana:
- Biblioteca da Muller. Generalitat Valenciana
Galicia:
- Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo. Concellaría de Igualdade. Concello de Vigo
Navarra:
- Centro de Documentación-Biblioteca de Mulleres. Fundación IPES
- Centro de Documentación. Instituto Navarro para a Familia e Igualdade
País Vasco:
- Centro de Documentación de Mulleres “Maite Albiz”
- Centro de Documentación. Emakunde/Instituto Vasco da Muller
Principado de Asturias:
- Centro de Documentación. Instituto Asturiano da Muller
A Rioxa:
- Biblioteca e Centro de Documentación da Muller. Centro Asesor da Muller
Encontros anuais da Rede
editarAs liñas principais de actuación son definidas en encontros anuais que son organizados por centro diferentes en distintas localidades:[7]
Edición | Ano | Lugar | Entidade organizadora |
---|---|---|---|
I | 1994 | Pamplona | Biblioteca da Muller de IPES Elkartea |
II | 1995 | Madrid | Biblioteca de Mulleres |
III | 1996 | Granada | Instituto de Estudos da Muller da Universidade de Granada |
IV | 1997 | Barcelona | Centro de Documentación do Instituto Catalán das Mulleres |
V | 1998 | Telde | Centro de Documentación de Mulleres do Concello de Telde |
VI | 1999 | Mérida | Centro de Estudos e Documentación da Fundación "8 de Marzo" |
VII | 2000 | Valladolid | Centro de Documentación da Muller da Asociación "Rosa Chacel" |
VIII | 2001 | Vigo[8] | Biblioteca/Centro de Documentación da Asociación Alecrín |
IX | 2002 | Xixón | Centro de Documentación da Concellalía da Muller do Concello de Xixón |
X | 2003 | Vitoria | Centro de Documentación de Emakunde-Instituto Vasco da Muller |
XI | 2004 | Murcia | Centro de Documentación do Instituto da Muller da Rexión de Murcia |
XII | 2005 | Sevilla | Centro de Documentación "María Zambrano" do Instituto Andaluz da Muller |
XIII | 2006 | Málaga | Centro de Documentación do Servizo Provincial da Muller da Deputación de Málaga |
XIV | 2007 | Alcobendas | Servizo de Documentación e Biblioteca "Clara Campoamor" do Concello de Alcobendas |
XV | 2008 | Palencia | Centro de Documentación da Muller en Castela e León da Asociación de Mulleres Palentinas para a Democracia |
XVI | 2009 | Barcelona | Biblioteca Francesca Bonnemaison de Barcelona |
XVII | 2010 | Bilbao | Centro de Documentación de Mulleres "Maite Albiz" |
XVIII | 2011 | L'Hospitalet de Llobregat | Programa Municipal da Muller do Concello de L'Hospitalet |
XIX | 2012 | Vigo | Centro de Documentación e Recursos Feministas da Concellaría de Igualdade do Concello de Vigo |
XX | 2013 | Granada | Instituto de Estudos da Muller da Universidade de Granada |
XXI | 2014 | Toledo | Centro de Documentación do Instituto da Muller de Castela-A Mancha |
XXII | 2015 | Salamanca | Centro de Estudos da Muller da Universidade de Salamanca |
XXIII | 2016 | Oviedo | Centro de Documentación do Instituto Asturiano da Muller |
XXIV | 2017 | Barcelona | Centro de Documentación "Joaquima Alemany i Roca" do Instituto Catalán das Mulleres |
XXV | 2018 | Sevilla | Centro de Documentación "María Zambrano" do Instituto Andaluz da Muller |
XXVI | 2019 | Valencia[9] | Biblioteca da Muller. Generalitat Valenciana |
Notas
editar- ↑ "XXIV Trobada de la Xarxa de Centres de Documentació i Biblioteques de Dones". Institut Català de les Dones (en catalán). Consultado o 2019-03-16.
- ↑ Bonachela, Aurelia Daza; Meseguer, Antonio Manuel Chinea; Jiménez, Montse Argente; Vallés, Estibaliz Anitua (2007). "Bibliotecas de mujeres: unas grandes desconocidas". Mi biblioteca: La revista del mundo bibliotecario (9): 106–115. ISSN 1699-3411.
- ↑ Páez, Núria Jornet Benito; Núria Tuset (2016). "Construyendo la memoria de los feminismos: archivos, bibliotecas y centros de documentación. Una mirada al pasado, una reflexión para el futuro". BiD: textos universitaris de biblioteconomia i documentació (36). ISSN 1575-5886.
- ↑ Jiménez, Montse Argente; Muñoz, Ana M. Muñoz (2015). "La formación de las bibliotecarias y las bibliotecas de mujeres en España". Revista general de información y documentación 25 (1): 47–67. ISSN 1132-1873.
- ↑ Jiménez, Montse Argente; Muñoz, Ana M. Muñoz (2010). "Red de Centros de Documentación y Bibliotecas de Mujeres: cooperación entre las bibliotecas feministas españolas". El profesional de la información 19 (5): 504–509. ISSN 1386-6710.
- ↑ "Centre de Documentació Joaquima Alemany i Roca". Institut Català de les Dones (en catalán). Consultado o 2019-03-21.
- ↑ "XXIII Encuentro de la Red de Centros de Documentación y Bibliotecas de Mujeres - IPES Mujeres y Feminismos". noticias.ipesmujeres.org. Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2019. Consultado o 2019-03-21.
- ↑ "Bibliotecas de mujeres de toda España debaten en Vigo sus próximos proyectos". www.lavozdegalicia.es. Consultado o 2019-03-21.
- ↑ "XXVI Encuentro de la Red de Centros de Documentación y Bibliotecas de Mujeres - Noticias - Generalitat Valenciana". www.inclusio.gva.es. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2019. Consultado o 2019-04-15.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Documental "Red de Bibliotecas de Mujeres: 25 años de historia"
- Directorio da Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres (2017)
- Catálogos en liña de Centros da Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres
- Blog da Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres