Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo
O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo alberga unha das coleccións máis amplas de libros de temas feministas en España. Creouse en 2010, está localizado no segundo andar da Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel. Depende da Concellaría de Igualdade do Concello de Vigo.[1]
Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | biblioteca especializada e biblioteca central ![]() | |||
Parte de | Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | Vigo ![]() | |||
Código postal | 36201 ![]() | |||
Enderezo | c/ Joaquín Yañez, 6, 2ª planta_ Edificio Biblioteca Pública Central de Vigo ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 2010 ![]() | |||
Inauguración | 25 de marzo de 2010 ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | igualdadevigo.org… ![]() | |||
Teléfono | +34-971-35-23-66 ![]() | |||
Correo | mailto:centro.documentacion.feminista@vigo.org ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Historia
editarFoi inaugurado o 25 de marzo de 2010 e creouse a partir dos 8.500 títulos, 150 revistas e 930 pezas audiovisuais recompilados durante 25 anos polo Grupo de Estudios sobre a Condición da Muller Alecrín.[2][3] A este material que data desde os anos 80 súmase o fondo documental da Concellaría de Igualdade do Concello de Vigo.[4]
Actividades
editarO centro de documentación, situado na Biblioteca Pública Central de Vigo é un servizo de xestión de información, documentación e materiais de traballo sobre muller, xénero e igualdade dirixido ao público en xeral ou ao persoal especializado.[1]
Ademais dos servizos de atención directa ou telemática, sala de lectura, préstamo e asesoramento documental, o centro realiza actividades de extensión cultural, exposicións, animación, lectura, charlas, debates e obradoiros.[4][5]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Más bibliotecas | Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel". bibliotecas.xunta.gal. Consultado o 27/2/2019.
- ↑ "La Biblioteca Central aloja el nuevo Centro de Documentación de Recursos Feministas". La Voz de Galicia.
- ↑ "Vigo estrena un centro de recursos feministas". El Correo Gallego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2019. Consultado o 05 de marzo de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 "Concello de Vigo: Concellería de Igualdade".
- ↑ "Un curso enseña a mujeres a editar e incluir contenidos en Wikipedia y Galipedia". Faro de Vigo (en castelán).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo |