Biblioteca Pública Central de Vigo
A Biblioteca Pública Central de Vigo, tamén coñecida dende 2013 como Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel, é unha biblioteca de acceso público na cidade de Vigo.
Biblioteca Pública Central de Vigo | |
---|---|
Casa Pedro Román, edificio da Biblioteca Pública Central de Vigo. | |
Tipo | biblioteca pública e biblioteca central |
Data de fundación | 1942 |
Nomeado en referencia a | Juan Compañel |
Localización | |
Enderezo | c/ Joaquín Yáñez, 6 |
En | Vigo |
País | Galicia |
42°14′21″N 8°43′31″O / 42.239076, -8.72541 | |
Na rede | |
https://bibliotecas.xunta.gal/vigo/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarFoi fundada no ano 1942, cando se constitúe a Biblioteca Popular de Vigo seguindo a orde do Ministerio de Educación Nacional, nun comezo situada na Praza de Compostela ata 1979, cando se traslada á Rúa Romil, ata este entón tiña o nome de Biblioteca Pública Jaime Solá. Neste momento iníciase unha etapa de mellora da biblioteca, crecemento dos fondos, espazo e persoal.
Posteriormente, o Concello merca o Edificio Ferro, rehabilitándoo e inaugurando alí a nova sede en 1995, que pasa a denominarse Biblioteca Pública Central de Vigo ata 2013, cando nun pleno acórdase cambiar o nome polo de Biblioteca Pública Juan Compañel.
Servizos e actividades
editarA biblioteca pon a disposición dos usuarios unha serie de servizos adicionais, entre os que destacan:
- Biblioteca Accesible: É froito dun convenio entre o Ministerio de Industria e Turismo e a Xunta de Galicia, co obxectivo de achegar reforzo infraestrutural no tocante á informática e as redes dentro da biblioteca, orientado fundamentalmente a persoas discapacitadas.
- Cesión de espazos: A biblioteca pon a disposición dos usuarios determinadas instalacións para propiciar o intercambio e difusión cultural, constituíndo un espazo de participación e encontro dos membros da comunidade.
- Servizo de préstamo e consulta de recursos electrónicos (GaliciaLe e Biblioteca Dixital da Rede): Permite acceder á lectura en formato electrónico mediante o préstamo e acceso a recursos electrónicos, orientada a todo lector con carné de biblioteca de calquera biblioteca que pertenza á Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
- Servizo de préstamo de portátiles e lectores de libros electrónicos.
- Servizo de reprodución de documentos: A través deste servizo os usuarios poden reproducir documentos impresos, convertelos a formato dixital, imprimir traballos persoais, etc.
- Servizo de información e referencia: Ofrece información sobre a propia biblioteca e apoia ó lector naa resolución das súas necesidades informativas específicas.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Biblioteca Pública Central de Vigo |