Dolores Galovart
política española
María Dolores Galovart Carrera, nada en Huelva o 5 de xaneiro de 1955, é unha xuíza e política galega do PSdeG-PSOE.
Dolores Galovart | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 5 de xaneiro de 1955 |
Lugar de nacemento | Huelva |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | xuíza e política |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Traxectoria Editar
Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi xuíza e maxistrada. Foi vicevaledora segunda, posto do que dimitiu en maio de 2012[1]. Logo foi xuíza de Familia dos xulgados de Vigo. No ano 2014 foi galardoada co premio Viguesa Distinguida. Encabezou a lista do PSOE pola provincia de Pontevedra nas eleccións xerais de 2015 e nas de 2016.
Vida persoal Editar
Está casada co tamén xuíz e político Ventura Pérez Mariño.
Notas Editar
Véxase tamén Editar
Outros artigos Editar
Ligazóns externas Editar
- Ficha na páxina web do Congreso dos Deputados Arquivado 26 de setembro de 2020 en Wayback Machine.