María Xosé Porteiro
María Xosé Porteiro García, nada en Madrid o 25 de maio de 1952,[1] é unha xornalista, política e escritora galega. Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo.
María Xosé Porteiro | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | María José Porteiro García |
Nacemento | 25 de maio de 1952 |
Madrid | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritora, política e xornalista |
Cónxuxe | Xosé Antonio Perozo |
Fillos | dous |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Naceu na capital de España de pai galego e nai asturiana. Pasou a súa infancia en Cuba[2] ata que a súa familia se instalou en Vigo.
Traballou na emisora de radio La Voz de Vigo e no xornal El Pueblo Gallego. Dirixiu o espazo informativo A bisbarra en Radio Popular de Vigo (1981-1985). Foi xefa do Departamento de Prensa do Concello de Vigo.
Concelleira polo PSdeG en Vigo, foi tenente de alcalde (1987-1991) e (2003-2006),[3] deputada no Parlamento de Galicia (1989-1997) e no Congreso dos deputados (2004-2007), onde foi voceira adxunta da comisión de exteriores. Desde o 1 de outubro de 2007 ata abril de 2009 foi delegada da Xunta de Galicia na Arxentina. Desde xullo dese ano foi a directora do Museo del Ferrocarril de Madrid, posto que abandonou en 2010 para facerse cargo da dirección de Comunicación da Fundación Ferrocarriles Españoles.
Obra en galegoEditar
NovelaEditar
Obras colectivasEditar
- Celso Emilio Ferreiro, compañeiro do vento e das estrelas (1981, Colección Arealonga, Akal).[5]
- Quen é quen no Parlamento de Galicia (1981, Xerais).[5]
- Narradio: 56 historias no ar (2003, Xerais).
- Villares Paz, Ramón, ed. (2016). 100 Galicia cen. Obxectos para contar unha cultura. CCG. ISBN 978-84-92923-71-7.
Obra en castelánEditar
NotasEditar
- ↑ "María Xosé Porteiro". www.aelg.gal. Consultado o 26/2/2019.
- ↑ Porteiro, María Xosé. “Para dar cun relato da emigración, hai que loitar contra o esquecemento, contra a amnesia inducida e sen mitificar nada”. Praza Pública. Entrevista con Alberto Ramos. Consultado o 24 de xuño de 2019.
- ↑ "María Xosé Porteiro presenta su renuncia como edil y será sustituida por Abel Losada". Faro de Vigo (en castelán). 31/10/2006. Consultado o 26/2/2019.
- ↑ "Cobardes". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-04.
- ↑ 5,0 5,1 Con Xosé Antonio Perozo.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 457. ISBN 84-8064-113-4.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 345. ISBN 84-7492-465-0.
Ligazóns externasEditar
- María Xosé Porteiro na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
- Cruz do Sur, blog da autora.
- Ficha no Congreso dos Deputados