Antonio Blanco Freijeiro
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Antonio Blanco Freijeiro, nado en Marín o 6 de setembro de 1923 e finado en Madrid o 6 de xaneiro de 1991, foi un arqueólogo e numismático galego.
Antonio Blanco Freijeiro | |
---|---|
Nome completo | Antonio Blanco Freijeiro |
Nacemento | 6 de setembro de 1923 |
Marín | |
Falecemento | 6 de xaneiro de 1991 |
Las Rozas de Madrid | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela e Universidade Complutense de Madrid |
Ocupación | antropólogo, historiador, arqueólogo e Cátedra universitaria |
Pai | Antonio Blanco Porto |
Premios | Premio de tradución Fray Luis de León |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de Antonio Blanco Porto. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e despois en Madrid, onde tamén se licenciou en Filoloxía Clásica. Especializouse en Arqueoloxía Clásica con Antonio García Bellido, e completou a súa formación nas universidades de Oxford e Heidelberg. Traballou no Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e foi catedrático de Arqueoloxía, Epigrafía e Numismática na Universidade de Sevilla e de Arqueoloxía na Universidade Complutense de Madrid. Dirixiu as escavacións de Ceal e La Guardia (Xaén). Colaborou na prensa especializada e en Cuadernos de Estudios Gallegos. Foi membro da Real Academia de la Historia e da de Bellas Artes de San Fernando. En 1983 obtivo o Premio Nacional Fray Luis de León de Lenguas Germánicas pola súa tradución de Historia de la Edad de Piedra (1982), de H. Müller-Karpe.
ObrasEditar
- Musa Alemá, 1961 (con Celso Emilio Ferreiro).
- Excavaciones en el Cerro Salomón, 1970.
- Historia de Sevilla: la ciudad antigua, de la prehistoria a los visigodos, 1984.