Antonio Blanco Porto
músico español
Antonio Blanco Porto, nado en Pontevedra o 6 de outubro de 1890[1] e finado na mesma cidade o 14 de setembro de 1940[2], foi un músico galego.
Antonio Blanco Porto | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Antonio Blanco Porto |
Nacemento | 6 de outubro de 1890 |
Lugar de nacemento | Pontevedra |
Falecemento | 14 de setembro de 1940 |
Lugar de falecemento | Pontevedra |
Nacionalidade | España |
Ocupación | músico |
Fillos | Antonio Blanco Freijeiro |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e fundou con Antón Iglesias Vilarelle a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra da que foi o primeiro director. Asiduo conferenciante e articulista de temas relacionados coa música galega, colaborou en Diario de Pontevedra e El Progreso. Empregou o pseudónimo White Haven. Foi profesor de música do Instituto de Pontevedra e Delegado provincial de Cultura e Arte en 1940.
Aparece como figurante na película Miss Ledyia (1916).
Vida persoal Editar
Casou con Mercedes Freijeiro Veiga e foi pai de Antonio Blanco Freijeiro.
Notas Editar
- ↑ "Historia_SC: Expediente de Antonio Blanco Porto no Instituto de Pontevedra". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2019-04-12.
- ↑ Necrolóxica en Faro de Vigo, 15-9-1940, p. 2.
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 120.