Antonio García Bellido

Antonio García Bellido, nado en Villanueva de los Infantes (Cidade Real) o 10 de febreiro de 1903 e finado en Madrid o 26 de setembro de 1972, foi un arqueólogo español.

Antonio García Bellido
Nome completoAntonio García Bellido
Nacemento10 de febreiro de 1903
Lugar de nacementoVillanueva de los Infantes
Falecemento26 de setembro de 1972
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Madrid
Ocupaciónarqueólogo clásico, profesor universitario e historiador
CónxuxeCarmen García de Diego López
FillosAntonio García-Bellido e María Paz García-Bellido
PremiosMedalla García-Cabrerizo e Gran Cruz de Afonso X o Sabio
Na rede
Dialnet: 1814249
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou Filosofía e Letras en Madrid, onde tivo como mestres, entre outros, a José Ramón Mélida, Manuel Gómez Moreno, Hugo Obermaier e Elías Tormo, quen dirixiu a súa tese doutoral sobre os Churriguera e que foi mentor seu para o ingreso na Real Academia da Historia. Esta formación inicial en Historia da Arte tivo a súa importancia metodolóxica para posteriores traballos sobre o urbanismo e a arquitectura do mundo antigo, a cerámica grega ou a escultura romana.

En 1931 obtivo a cátedra de Arqueoloxía Clásica na Universidade de Madrid, e tras a guerra civil iniciou dous novos campos de investigación: a colonización grega, fenicia e púnica en Occidente, e a arqueoloxía dos pobos prerromanos do Norte peninsular, neste caso participando nas escavacións que Juan Uría Riu, da Universidade de Oviedo, promovera no castro de Coaña.

En 1949 sae a súa obra Esculturas romanas de España y Portugal, publicada polo Consello Superior de Investigacións Científicas, institución na que fundaría, dous anos despois, o Instituto de Arqueoloxía Rodrigo Caro, onde sairía, á súa vez, a revista Archivo Español de Arqueología, converténdose, desde entón, ambas as dúas, institución e publicación, no duplo núcleo de toda a actividade de García Bellido, centrada xa fundamentalmente en todos os aspectos do mundo hispanorromano.

Paralelamente producirase o seu recoñecemento internacional polo seu labor como arqueólogo e historiador: doutor honoris causa pola Universidade de Bordeos, ingreso na Academie de Inscriptions et Belles Letres, membro da Hispanic Society of New York e da Comisión histórica da UNESCO, entre outras moitas distincións.

Actualmente considérase a García Bellido coma un dos grandes impulsores dos estudos de Arqueoloxía Clásica en España e coma creador de frutíferas liñas de investigación na Arqueoloxía hispanorromana.