Instituto Arqueolóxico Alemán
O Instituto Arqueolóxico Alemán (en alemán: Deutsches Archäologisches Institut –DAI–) é unha institución dedicada á investigación no ámbito da arqueoloxía e outros campos relacionados, fundada en Roma en 1829. Desde 1832 ten a súa sede en Berlín e configúrase como unha axencia federal dentro do Ministerio Federal de Relacións Exteriores da República Federal de Alemaña.[1]
Instituto Arqueolóxico Alemán –Deutsches Archäologisches Institut (DAI)– | |
---|---|
Sede central en Berlín do Instituto Arqueolóxico Alemán | |
Información xeral | |
Formación | 1829 (como Instituto de Correspondencia Arqueolóxica). 1887 (como Instituto Arqueolóxico Alemán). |
Sede central | Berlín Alemaña |
Sitio web | |
Sitio web do Instituto Arqueolóxico Alemán. |
A súa presidenta desde 2011 é Friederike Fless.[2] O seu secretario xeral é Philipp von Rummel.[3]
Historia
editarO 21 de abril de 1829, un círculo de eruditos, artistas e diplomáticos (Otto Magnus von Stackelberg, Theodor Panofka e August Kestner), liderados polo filólogo clásico e arqueólogo alemán Eduard Gerhard, fundaba en Roma o Istituto di Corrispondenza Archeologica co propósito de estudar os monumentos da arte antiga, a epigrafía e a topografía, e dar a coñecer os resultados das súas investigacións, baixo o mecenado do príncipe herdeiro de Prusia e máis tarde rei Frederico Guillerme IV (1840-1861). Cando Eduard Gerhard deixou Roma e marchou cara a Berlín en 1832, o instituto continuou operando en Roma, mais a súa sede foi trasladada a Berlín. Prusia fíxose cargo do financiamento ordinario do Instituto en 1859.[4][5]
En 1871 converteuse nunha institución estatal de Prusia, coa denominación de Instituto de Correspondencia Arqueolóxica, e en 1874 pasou a ter a consideración de institución imperial. Foi en 1887 cando comezou a denominouse oficialmente Instituto Arqueolóxico Imperial Alemán e a partir de 1914 Instituto Arqueolóxico do Imperio Alemán.[4]
En 1874, o DAI pasou a encadrarse dentro da estrutura do Ministerio Federal de Relacións Exteriores. A partir de 1934 e durante pouco tempo estivo subordinado ao Ministerio do Interior do Reich e logo ao Ministerio do Reich de Ciencia e Educación Pública. En 1945, o instituto foi administrado polo Estado de Berlín e en 1970 foille reasignado ao Ministerio de Relacións Exteriores por decreto do chanceler federal Willy Brandt.[4]
Organización
editarSedes
editarÁ parte da sede orixinaria de Roma e da sede central en Berlín, o Instituto Arqueolóxico Alemán conta con delegacións en Atenas, O Cairo (establecida en 1907), Istambul (1929), Madrid (1943), Bagdad (1955), Teherán (1961), e Damasco e Saná, estas últimas establecidas na década de 1980.[6]
Comisións
editarA Comisión Romano-xermánica (Römisch-Germanische Kommission) do Instituto Arqueolóxico Alemán ten a súa sede en Frankfurt e foi establecida en 1902. Conta coa biblioteca máis completa do mundo en materia de arqueoloxía prehistórica e centra as súas investigacións nesa época, así como na historia temperá de Europa e na arqueoloxía provincial romana.[7]
Pola súa banda, a Comisión de Historia Antiga e Epigrafía (Kommission für Alte Geschichte und Epigraphik), con sede en Múnic, fundada en 1951 e integrada no Instituto Arqueolóxico Alemán desde 1967, circunscribe o seu ámbito de interese á epigrafía grega e latina, a numismática, a papiroloxía e a topografía histórica.[8]
A máis recente é a Comisión para a Arqueoloxía das Culturas non Europeas (Kommission für Archäologie Außereuropäischer Kulturen). Ten a súa sede en Bonn e foi establecida en 1979, daquela coa denominación de Comisión de Arqueoloxía de Culturas non Europeas. Esta comisión conta cunha subsede en Ulán Bátor.[9]
Personalidades do Instituto Arqueolóxico Alemán
editarEn función da época, os máximos dirixentes do Instituto tiñan a denominación de secretarios, secretarios xerais ou presidentes:[10]
Máximos dirixentes
editarIstituto di Corrispondenza Archeologica
- (1829-1838): Christian Karl Josias Freiherr von Bunsen.
- (1838-1844): August Kestner.
- (1845-1856): Wilhelm Henzen.
- (1856-1865): Heinrich Brunn.
- (1865-1887): Wolfgang Helbig.
Instituto Arqueolóxico Alemán
- (1887-1905): Alexander Conze.
- (1905-1911): Otto Puchstein.
- (1911-1922): Hans Dragendorff.
- (1922-1932): Gerhart Rodenwaldt.
- (1932-1936): Theodor Wiegand.
- (1938-1945): Martin Schede.
- (1947-1954): Carl Weickert.
- (1954-1960): Erich Boehringer.
- (1960-1972): Kurt Bittel.
- (1972-1980): Werner Krämer.
- (1980-1988): Edmund Buchner.
- (1988-2003): Helmut Kyrieleis.
- (2003-2008): Hermann Parzinger.
- (2008-2011): Hans-Joachim Gehrke.
- (desde 2011): Friederike Fless.
Revistas arqueolóxicas publicadas
editarEsta é unha listaxe das revistas científicas publicadas polo DAI ao longo da súa historia:[11]
- De índole xeral:
- Jahrbuch des Deutschen Archäologischen Instituts (JdI).
- Archäologischer Anzeiger (AA).
- Archäologische Bibliographie.
- Das sedes:
- Mitteilungen des Deutschen Archäologischen Instituts. Abteilung Rom, ovvero Römische Mitteilungen (RM).
- Mitteilungen des Deutschen Archäologischen Instituts. Abteilung Athen, ovvero Athener Mitteilungen (AM).
- Mitteilungen des Deutschen Archäologischen Instituts. Abteilung Istanbul, ovvero Istanbuler Mitteilungen (IstMitt).
- Mitteilungen des Deutschen Archäologischen Instituts. Abteilung Madrid, ovvero Madrider Mitteilungen (MM).
- Mitteilungen des Deutschen Archäologischen Instituts. Abteilung Kairo (MDAIK).
- Archäologische Mitteilungen aus Iran und Turan (AMIT).
- Baghdader Mitteilungen (BaM).
- Damaszener Mitteilungen (DaM).
- Das comisións:
- Beiträge zur Allgemeinen und Vergleichenden Archäologie (BAVA).
- Bericht der Römisch-Germanischen Kommission (BerRGK).
- Germania (Anzeiger der Römisch-Germanischen Kommission des Deutschen Archäologischen Instituts) (Germania).
- Chiron (Mitteilungen der Kommission für Alte Geschichte und Epigraphik des Deutschen Archäologischen Instituts (Chiron).
- Outras revistas:
- Spuren der Jahrtausende.
- Eurasia Antiqua (Zeitschrift für Archäologie Eurasiens (EurAnt).
Notas
editar- ↑ "Satzungsgemäße Rechtsform". Deutsches Archäologisches Institut.
- ↑ "Prof. Dr. Dr. h.c. Friederike Fless Arquivado 17 de abril de 2021 en Wayback Machine.". Deutsches Archäologisches Institut.
- ↑ "Dr. Philipp von Rummel Arquivado 11 de abril de 2021 en Wayback Machine.". Deutsches Archäologisches Institut.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Geschichte der Rechtsform Arquivado 17 de abril de 2021 en Wayback Machine.". Deutsches Archäologisches Institut.
- ↑ "Die Geschichte des Deutschen Archäologischen Instituts Arquivado 17 de abril de 2021 en Wayback Machine.". Deutsches Archäologisches Institut.
- ↑ "Kommissionen, Abteilungen, Außenstellen, Forschungsstellen Arquivado 15 de abril de 2021 en Wayback Machine.". Deutsches Archäologisches Institut.
- ↑ "Römisch-Germanische Kommission (RGK) Arquivado 13 de abril de 2021 en Wayback Machine.". Deutsches Archäologisches Institut.
- ↑ "Kommission für Alte Geschichte und Epigraphik Arquivado 17 de abril de 2021 en Wayback Machine.". Deutsches Archäologisches Institut.
- ↑ "Kommission für Archäologie Außereuropäischer Kulturen Arquivado 14 de xullo de 2020 en Wayback Machine.". Deutsches Archäologisches Institut.
- ↑ "Präsidenten des Deutschen Archäologischen Instituts Arquivado 17 de abril de 2021 en Wayback Machine.". Deutsches Archäologisches Institut.
- ↑ "Lister aller Zeitschriften des Deutschen Archäologischen Instituts Arquivado 17 de abril de 2021 en Wayback Machine.". Deutsches Archäologisches Institut.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Instituto Arqueolóxico Alemán |
Bibliografía
editar- Jansen, C. (2016). "Das Deutsche Archäologische Institut im Zeitalter des Nationalismus. Schlaglichter auf die Beziehungen zwischen Archäologie und Politik in der ersten Hälfte des 20. Jahrhunderts". En Jahrbuch des Deutschen Archäologischen Instituts, 130-2015. Páxinas 355-376. ISBN 978-3-11-044513-8
- Junker, K. (1997). Das Archäologische Institut des Deutschen Reiches zwischen Forschung und Politik: die Jahre 1929 bis 1945. Von Zabern, Maguncia. ISBN 3-8053-2339-5
- Meyer, H. (2004). "Der Rechtsstatus des Deutschen Archäologischen Instituts". En Archäologischer Anzeiger, 2004/2. Páxinas 155-220.
- Michaelis, A. T. F. (1879). Storia dell'Instituto archeologico germanico, 1829-1879. Salviucci, Roma.
- Rodenwald, F. (1929). Archäologisches Institut des Deutschen Reiches 1829-1929. De Gruyter, Berlín.
Ligazóns externas
editar- Sitio web do Instituto Arqueolóxico Alemán Arquivado 07 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
- Publicacións históricas do DAI en liña