Estadio Municipal de Pasarón
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2015.) |
O Estadio Municipal de Pasarón é o campo de fútbol principal da cidade de Pontevedra, onde o Pontevedra CF xoga como local. Ten unha medida de 105 x 66 metros e unha capacidade de 12 000 localidades, todas elas sentadas. Está situado na rúa Luis Otero, no barrio do Burgo.
Pasarón | ||||
---|---|---|---|---|
![]() O estadio en 2022 | ||||
Tipo | estadio de fútbol ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | Pontevedra ![]() | |||
Localización | Pontevedra ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1965 ![]() | |||
Inauguración | 1965 (estadio actual en 2010) | |||
Acontecementos | ||||
Dimensións | ||||
Capacidade | 12 000 | |||
Tipo superficie | céspede ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario | Concello de Pontevedra | |||
Ocupante | Pontevedra CF ![]() | |||
Deporte | ||||
Deporte | fútbol ![]() | |||
Localía | Pontevedra CF | |||
[ Wikidata ] |
Historia
editarO primeiro encontro que se xogou neste espazo tivo lugar o 16 de febreiro de 1919, entre o Pontevedra Athletic Club e o Real Coruña[1]. Foi sede do Pontevedra CF desde a súa fundación en 1941, e acolleu tamén campionatos de atletismo (con pista de cinsa, serviu de feudo á Sociedad Gimnástica[2]) e de balonmán a 11[3].
Tralo ascenso do equipo granate a segunda división na tempada 1959-60, o concello, presidido polo alcalde José Filgueira Valverde, mercoulle os terreos á familia de Valentín Paz Andrade por 1.900.000 pesetas, nun pagamento a prazos durante cinco anos[4]. O novo estadio deseñárono os arquitectos municipais Emilio Quiroga Losada e Alfonso Barreiro Buján, en colaboración co enxeñeiro José María García-Morán Lima. Inaugurouse en 1965.
O 7 de xaneiro de 1973, nun partido entre o Pontevedra e o Sevilla FC, faleceu o xogador hispalense Pedro Berruezo ao sufrir un paro cardíaco.
Malia as reformas do ano 1982, co gallo da Copa do Mundo, o estadio atopábase demasiado deteriorado. Así, tralo ascenso do Pontevedra CF á segunda división en 2004, acometeuse unha reforma integral. Derruiuse e construíuse o novo estadio por sectores (fondo norte, fondo sur, tribuna e preferencia).
Tralas reformas, finalizadas en 2010, a capacidade reduciuse de 16.500 persoas a 12.500, xa que antes os fondos estaban deseñados para estar de pé. A reforma do estadio, financiada polo concello, a deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, viu como o orzamento inicial ascendía mesmo até o dobre, así como atrasos no tempo previsto de execución.
O 28 de decembro de 2008 acolleu un encontro da selección galega de fútbol feminino e a balear. O 7 de setembro de 2012 a selección española de fútbol xogou un amigable co combinado de Arabia Saudita, que se saldou con 5-0 a favor da primeira.
Outros usos
editarDispón de servizo de gardería e salas VIP e de prensa. Foi sede do Corpo Municipal de Bombeiros entre 1968 e 1987, e tamén do Club Ciclista de Pontevedra nos anos 80. Entre maio de 1987 e xullo de 1998 acolleu temporalmente parte do arquivo municipal mentres se acondicionaba outro espazo. En 1994 pasou a acoller a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.
Ao longo da súa historia acolleu diversos concertos e actuacións, como os de Joe Cocker, Alejandro Sanz, Mecano e Emilio Aragón en 1992[5], do grupo Depeche Mode en 1993[6], Joan Manuel Serrat en 1994 ou The Black Crowes e Julio Iglesias en 1995.
Notas
editar- ↑ Feijoo Lamas, Leoncio. Los albores del fútbol pontevedrés.
- ↑ David Acevedo (19 de febreiro de 1919). "El centenario de un emblema, en imágenes". Diario de Pontevedra.
- ↑ David Acevedo (19 de febreiro de 1919). "Pasarón cumple sus primeros 100 años de historia". Diario de Pontevedra.
- ↑ López Torre, R. (2015). "La compra del campo de Pasarón". Filgueira Valverde. Crónica de una alcaldía (1959-1968). Concello de Pontevedra, Faro de Vigo. pp. 266–272.
- ↑ "Pasarón, sede de los grandes conciertos de «Peregrina 92»". La Voz de Galicia. 16 de maio de 2017.
- ↑ "Depeche Mode congregó a tres mil personas en Pasarón". La Voz de Galicia. 13 de xullo de 2017.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estadio Municipal de Pasarón |