Rafael Fernández Martínez

avogado e político galego

Rafael Fernández Martínez, nado en Pontevedra o 24 de outubro de 1916[1] e finado en Oviedo o 8 de marzo de 1979,[2] foi un avogado e político galego.

Rafael Fernández Martínez
Nacemento24 de outubro de 1916
Lugar de nacementoPontevedra
Falecemento8 de marzo de 1979
Lugar de falecementoOviedo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Oviedo
Ocupaciónpolítico
PremiosGran Cruz da Orde do Mérito Civil e Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Domingo Fernández Méndez, que foi catedrático da Escola Normal de Pontevedra. Estudou o bacharelato en Pontevedra e despois trasladouse coa familia a Oviedo. Fundador do SEU en Oviedo, estivo encarcerado na primavera de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 alistouse como voluntario no bando sublevado. Ferido en combate, foi nomeado xefe do SEU de Oviedo e rematou os estudos de Dereito. Doutor en Dereito, xuíz de primeira instancia e profesor de dereito penal da Universidade de Oviedo, foi secretario local de FET y de las JONS de Oviedo e consejero provincial do Movimiento de Asturias.[3] Foi Tenente Fiscal da Audiencia de Oviedo. En abril de 1956 foi nomeado gobernador civil de Pontevedra.[4] Cesou como gobernador en 1961 e foi nomeado gobernador civil de Tarragona, posto no que cesou en 1967. Despois foi fiscal xefe da Audiencia provincial de Oviedo.

Recoñecementos editar

Notas editar

  1. El Diario de Pontevedra, 25-10-1916, p. 2.
  2. La Nueva España,9-3-1979, p. 24.
  3. El Pueblo Gallego, 10-4-1956, p.1.
  4. La Noche, 10-4-1956, p. 1.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • López Torre, Rafael (2015): Filgueira Valverde. Crónica de una alcaldía (1959-1968), 352 pp., Concello de Pontevedra e Faro de Vigo, D.L.: PO 314-2015.