Epílogo (do grego epílogos - conclusión, polo latín epilogus) é unha parte dun texto, ao final dunha obra literaria ou dramática, que constitúe a súa conclusión ou remate.[1] Xeralmente emprégase para dar a coñecer o desenlace dos acontecementos relatados, o destino final dos personaxes da historia ou, en disertacións, as conclusións finais dun conxunto de ideas presentadas ou defendidas.[2] É o oposto do prólogo no discurso, podendo asumir a forma dun apéndice.

"No mais Musa, no mais…", inicio do epílogo dos Lusíadas de Camões.

Xeralmente feito polo autor da obra, tamén pode ser proferido por un personaxe principal ou por un personaxe observador dos eventos relatados. O discurso é frecuentemente dirixido directamente ao lector ou espectador.

No teatro da antigüidade clásica e no século XVI, o epílogo consistía só nun discurso breve feito por un actor, tras o peche da acción principal. Tiña a función dunha humilde despedida do público, a quen se suplicaba benevolencia en relación aos eventuais defectos do espectáculo.[1][2] Luís de Camões usou este recurso na súa epopea Os Lusíadas.

No cinema e na televisión, ás veces exhíbese unha montaxe de imaxes ou curtos separados do filme cunha rápida explicación do destino dos personaxes, como por exemplo na longametraxe británica Catro vodas e un funeral.

Debido a esta función de peche dunha mensaxe, a palabra epílogo tamén pasou a designar, en ocasións en sentido figurado, un final, remate ou peche de calquera tipo[3] (de proceso legal, acción política, fin dunha vida etc.).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar