Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra
O Pavillón Municipal dos Deportes é un recinto deportivo cuberto da cidade de Pontevedra, cunha capacidade de 4.000 persoas. É usado como feudo local polos equipos do Teucro de balonmán e o Leis de fútbol sala, ademais do CB Ciudad de Pontevedra de baloncesto.
Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra | ||||
---|---|---|---|---|
![]() Fachada do pavillón | ||||
Tipo | pavillón deportivo ![]() | |||
Uso(s) | Balonmán, fútbol sala, baloncesto | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | Pontevedra ![]() | |||
Enderezo | Rúa Juan Manuel Pintos, s/n | |||
Datas | ||||
Fundación | 1966 ![]() | |||
Inauguración | 1968 | |||
Remodelación | 1986 | |||
Dimensións | ||||
Capacidade | 4.000 | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario/a | Concello de Pontevedra | |||
Arquitecto/a | Alejandro de la Sota | |||
Deporte | ||||
Deporte | baloncesto, balonmán e fútbol sala ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Historia
editarO pavillón foi deseñado por Alejandro de la Sota en 1964.[1][2] As obras comezaron en 1965.[3] Foi inaugurado o 13 de xullo de 1968 por Juan Antonio Samaranch[4], delegado nacional de Educación Física e Deportes. Un mes despois, durante as festas da Virxe Peregrina, celebrouse nel un concerto de Los Bravos, Los Silver Stones, Los Dobles e Karina xunto con Los Pekes.[5] O pavillón entrou en funcionamento en 1969. A primeira gran competición celebrada foi a Copa Latina de Balonmán en marzo de 1969[4].
Desde a súa inauguración, o Pavillón dos Deportes acolleu concertos e diversos espectáculos, así como importantes eventos deportivos como o Campionato Mundial de Balonmán Junior en 1987 ou a Copa do Rei de Balonmán en 2005.[4]
En 2022 presentouse un proxecto de mellora financiado polo Consello Superior de Deportes coa substitución do terreo de xogo, a pavimentación do perímetro do edificio, a rectificación das ramplas de acceso, así como a reforma da varanda exterior e dos marcadores electrónicos de resultados e tempos.[1] Ademais, instalaranse paneis solares no tellado para xerar enerxía para o autoabastecemento.[6].
O pavillón tamén recuperará o deseño orixinal de Alejandro de la Sota, substituíndo a cuberta engadida en 1986 por unha similar á deseñada polo arquitecto.[3].
Descrición
editarTrátase dun exemplo destacado da arquitectura española contemporánea. Alejandro de la Sota deseñou o interior do edificio como unha caixa asolagada de luz, cunha estrutura elegante e delicada, que crea un efecto de ingravidez da malla espacial da cuberta. O tellado está sostido por ménsulas, equilibrado como unha balanza. Ten unha superficie plana e translúcida, como un biolo. O Concello de Pontevedra encargou en 2016 a renovación da cuberta do pavillón para recuperar o aspecto orixinal do interior, que fora modificado en 1986.[7].
Todo o conxunto estaba recuberto de finos paneis, que formaban o volume exterior do edificio. A fachada está formada por grandes paneis prefabricados de formigón armado montados in situ cun grosor mínimo. O edificio mostra unha gran sutileza no deseño da armazón e dos pequenos elementos construtivos como ramplas, varandas e peitorís.
O edificio ten unha estrutura de formigón armado e catro torres laterais con escaleiras ata a parte superior.[4]. A fachada de formigón prefabricado ten un característico acabado de garavanciño.[8].
Galería de imaxes
editar-
Fachada
-
Nova cuberta translúcida como a de 1968.
-
Interior du pavillón en 2018.
-
Partido de fútbol sala en 2018.
-
Portería
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "La renovación de la pista del Pavillón Municipal recibe fondos estatales". Diario de Pontevedra (en castelán). 14 de setembro de 2022.
- ↑ López Torre, R. (2015). "El Pabellón de los Deportes". Filgueira Valverde. Crónica de una alcaldía (1959-1968). Concello de Pontevedra, Faro de Vigo. pp. 272–276.
- ↑ 3,0 3,1 "El pabellón municipal recuperará su diseño original 30 años después". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de outubro de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 "Una joya forjada como un pabellón". Diario de Pontevedra (en castelán). 9 de novembro de 2022.
- ↑ "Cuando los Bravos incendiaron el Pabellón La música pop fue la gran protagonista de las fiestas de la Peregrina de 1968, con una programación que causó furor entre las fans y los ye-yes de aquel tiempo". Faro (en castelán). 24 de agosto de 2014.
- ↑ "Histórica reforma para el Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra". Diario de Pontevedra (en castelán). 28 de outubro de 2022.
- ↑ "El pabellón municipal recuperará su diseño original 30 años después". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de febreiro de 2016.
- ↑ "El Pabellón Municipal generará su propia energía con paneles solares". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de outubro de 2022.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra |
Bibliografía
editar- Aganzo, Carlos (2010). Pontevedra. Ciudades con encanto (en castelán). Madrid: El País-Aguilar. p. 10r. ISBN 978-8403509344.
- López Torre, Rafael (2015): Filgueira Valverde. Crónica de una alcaldía (1959-1968), Concello de Pontevedra e Faro de Vigo, D.L.: PO 314-2015 (en castelán).
- VV.AA.: Arquitectura Moderna en Asturias, Galicia, Castilla y León. Ortodoxia, Márgenes y Transgresiones (1998), C.García Braña y F. Agrasar Quiroga Ed. ISBN 84-85665-31-7