Víctor F. Freixanes
Víctor Fernández Freixanes[1], máis coñecido como Víctor Freixanes ou Víctor F. Freixanes, nado o 24 de agosto de 1951[2][3] en Pontevedra,[4] é un xornalista, editor e escritor galego. É irmán do pintor Xosé Freixanes. En 2017 foi elixido presidente da Real Academia Galega.[5]
Traxectoria
editarFormación e escrita
editarFillo de Víctor Fernández Barcia. Licenciado en filoloxía románica en 1973 pola Universidade de Santiago de Compostela. Tras unha estancia en Madrid traballou no departamento de actividades culturais de Radio Popular de Vigo e foi profesor colaborador do ICE en Vigo. Desde entón iniciou un intenso labor xornalístico en prensa, radio e televisión. En 1976 saíu do prelo o seu primeiro libro, Unha ducia de galegos, un libro de entrevistas e en 1980 publicou Memoria dun fuxido. Gañou o premio Modesto R. Figueiredo en 1978 con A caza de cascudas. Con O triángulo inscrito na circunferencia (1982) gañou o premio Blanco Amor. O enxoval da noiva (1988) e A cidade dos césares (1993) son outras dúas novelas salientables de Freixanes.
Actividades
editarCatedrático de Lingua e Literatura Galega (1ª promoción de 1981), exerceu a docencia en secundaria e despois foi profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor e conferenciante invitado en varias universidades estranxeiras: The Graduate Schooland University Center de Nova York, Forham University de NY, Universidade de Tamaulipas (México) etc., e relator de seminarios arredor da edición en feiras internacionais (Buenos Aires).[6]
Colaborador habitual de medios de comunicación como La Voz de Galicia, tamén presentou na Televisión de Galicia o programa dedicado aos libros e á literatura A Trabe de Ouro (1986-1987). Foi cofundador de Teima (1976), redactor entre 1974 e 1980 de Radio Popular de Vigo, onde activou a presenza do idioma galego. Nesa mesma época foi correspondente do xornal Informaciones para Galicia e norte de Portugal.[6]
É membro do plenario do Consello da Cultura Galega, Sección de Lingua, Literatura e Comunicación. Presidiu a Fundación Otero Pedrayo (2005-2017), da que é na actualidade presidente de honra. Foi membro do Patronato da Fundación Germán Sánchez Ruipérez participando na creación da Casa del Lector (Madrid, 2010).[6]
É codirector da revista Grial (Revista Galega de Cultura), xunto con Henrique Monteagudo.
No ámbito empresarial, foi director xeral de edicións Xerais (1988-1993), director de edicións do Grupo Anaya e de Alianza Editorial (1994-1998), e foi director xeral da editorial Galaxia de 2002 [7] a 2016[8]. Para Xerais preparou en 2001 o ambicioso proxecto «Galicia. Unha luz no Atlántico», cunha nova tipoloxía editorial que mostra unha ampla e variada visión histórica de Galicia.[9]
Ingresou na Real Academia Galega o 27 de febreiro de 2004 co discurso Desafíos para un novo século. Entre a Trabe de Ouro e a Paxariña de Armenteira, respondido por Antón Santamarina Fernández, ocupando a cadeira de Carlos Casares, tamén editor e escritor.[4] Preside a RAG desde o 28 de marzo de 2017. Substituíu no cargo ao profesor e escritor Xesús Alonso Montero, quen non se presentou á reelección.
Vida persoal
editarCasado con María Dolores Cabrera Iglesias, é pai de Diniz Cabreira e mais de Tristán Fernández Cabrera[10].
Obras
editarEnsaio
editar- Unha ducia de galegos (1976). Vigo: Galaxia. Ed. de 2017, 336 páxs. ISBN 978-84-9151-065-9.[11]
- Memoria dun fuxido (1980). Vigo: Xerais.
- O Fresco. Memorias dun fuxido, 1936 (2019). Vigo: Xerais. 176 páxs. ISBN 978-84-9121-531-8.[12] ePub: ISBN 978-84-9121-535-6.
- Pontevedra, O día en que perdemos o mar (1989). Vigo: Ir Indo. Con fotografías de X. Vilar Cardona. 257 páxs. ISBN 978-8476800270.
Narrativa
editar- O triángulo inscrito na circunferencia (1982). Vigo: Galaxia. Foi traducida ao castelán.[13] 2ª ed. 2018, 508 páxs. ISBN 978-84-9151-298-1.[14]
- O enxoval da noiva (1988). Vigo: Galaxia. 268 páxs. ISBN 978-84-7154-604-3.
- O enxoval da noiva. Parábola da fin do mundo (2024). Vigo: Galaxia. 276 páxs. ISBN 978-84-1176-3479.[15]
- A cidade dos Césares (1993). Vigo: Xerais. ISBN 978-8475077192. 2002 (2ª), 408 páxs. ISBN 9788483028414. Despois incluída na Biblioteca Galega 120, co nº 86. Ed. corrixida e revisada en Galaxia (2022), 426 páxs., ISBN 978-84-9151-914-0.[16]
- Cabalo de ouros (2010). Galaxia. 368 páxs. ISBN 978-84-9865-328-1. Traducido ao castelán no 2012 como Caballo de oros, publicado en Siruela.[17]
- Asalto ao tren da Portela (2023). Silleda: Ed. Elvira. En "A Caeira. Historias para coñecer Pontevedra", do Diario de Pontevedra. 62 páxs. ISBN 978-84-128006-2-3. Conto.
Traducións
editar- Cartas desde o meu muíño (1983). Vigo: Xerais. (Lettres de mon moulin, 1870), de Alphonse Daudet.
Obras colectivas
editar- Traballos premiados no 4º concurso de narracións curtas Modesto R. Figueirido do Pedrón de Ouro (1978). Ediciós do Castro.
- 12 anos na búsqueda da nosa identidade (1990). Xermolos.
- O relato breve. Escolma dunha década (1980-1990) (1990). Galaxia.
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996). Xerais.
- Abrir Vigo ó mar (1996). Consorcio da Zona Franca de Vigo. Canda Álvarez Cáccamo, Casares, Garrido, Fernández del Riego et al.
- Johan de Cangas, Martín Codax, Meendinho. Unha fotobiografía (1998). Xerais
- Galicia, unha luz no Atlántico (2001). Xerais
- A memoria de Pontevedra (2001). Xerais.
- Palabras con fondo (2001). Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
- Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I) (2001). Consello da Cultura Galega.
- Un futuro para a lingua (2002). Xunta de Galicia.
- Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003). Consello da Cultura Galega,
- Narradio. 56 historias no ar (2003). Xerais.
- Xela Arias, quedas en nós (2004). Xerais.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009). Difusora.
- Fermín Penzol: unha obra para un país (2010). Galaxia.
- Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (2015). Concello de Pontevedra/Galaxia,
Premios
editar- Premio Modesto R. Figueiredo en 1978, por A caza de cascudas.
- Finalista do Premio Internacional da Prensa en Niza no 1980, por Memoria dun fuxido.
- Premio Blanco Amor no 1982, por O triángulo inscrito na circunferencia.
- Premio da Crítica de narrativa galega no 1982, por O triángulo inscrito na circunferencia.
- Premio da Crítica de creación literaria no 1983, por O triángulo inscrito na circunferencia.
- Premio da Crítica de creación literaria no 1989, por O enxoval da noiva.
- Premio Torrente Ballester no 1992, por A cidade dos Césares.
- Premio da Crítica de narrativa galega no 2010, por Cabalo de ouros.
- Premio Autor do Ano da Federación de Libreiros de Galicia no 2010, por Cabalo de ouros.
- 2012: 1º premio 'Rosa dos Ventos' concedido polo alumnado de bacharelato do Instituto Santiago Apóstol de Buenos Aires.[18]
Notas
editar- ↑ "A efectos da fala, Feijóo é Feixóo". Nós Diario. 22 de abril de 2018.
- ↑ "Víctor F. Freixanes". Biblioteca Virtual Galega. Consultado o 24 de agosto de 2023.
- ↑ "Víctor Freixanes". www.aelg.gal. Consultado o 24 de agosto de 2023.
- ↑ 4,0 4,1 "Víctor Fernández Freixanes Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-06-20.
- ↑ Pardo, Miguel (28 de marzo de 2017). "Freixanes, elixido novo presidente da RAG, apela á "unidade" e reivindica o "continuísmo"". Praza Pública. Consultado o 29 de marzo de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 "Membro". Real Academia Galega. Consultado o 2022-06-20.
- ↑ "A historia de Galaxia". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2018. Consultado o 2018-06-30.
- ↑ Francisco Castro novo director da Editorial Galaxia, nova na páxina web da Editorial Galaxia.
- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-06-20.
- ↑ Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Fernández Freixanes, Víctor". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 202. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ "Editorial Galaxia Unha ducia de galegos". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-06-20.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-06-20.
- ↑ "El triángulo inscrito en la circunferencia". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-03.
- ↑ "Editorial Galaxia O Triángulo inscrito na Circunferencia". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-06-20.
- ↑ "O enxoval da noiva. Parábola da fin do mundo". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-11-18.
- ↑ Requeixo, Armando (xullo, agosto, setembro 2022). "Volver á Cidade dos Césares". Grial LX (235): 76–77. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Caballo de Oros". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-03.
- ↑ "Editorial Galaxia Víctor F. Freixanes". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2022. Consultado o 2022-06-20.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Víctor F. Freixanes |
Ligazóns externas
editarPredecesor: Xesús Alonso Montero |
Presidente da Real Academia Galega Dende 2017 |
Sucesor: — |