Agustín Sixto Seco
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Agustín Sixto Seco, nado en Meá (Mugardos) o 3 de decembro de 1926 e finado en Santiago de Compostela o 30 de decembro de 2004, foi un médico e intelectual galeguista.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de decembro de 1926 Mugardos, España |
Morte | 30 de decembro de 2004 (78 anos) Santiago de Compostela, España |
Presidente Fundación Otero Pedrayo | |
1979 – 26 de xuño de 2004 – Víctor Freixanes → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | médico , escritor |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Premios
| |
Traxectoria
editarEra fillo dun traballador da Bazán. Estudou Medicina, especializado en traumatoloxía, e foi presidente da Sociedade Española de Traumatoloxía, mantendo moi boas relacións con Portugal, co International College of Surgeons e coa Sociedad Latinoamericana de Ortopedia.
Foi promotor cultural, participando en editorial Galaxia, a fundación Penzol, o Museo do Pobo Galego, o Centro Ramón Piñeiro ou a fundación Camilo José Cela. O seu primeiro traballo foi o máis querido por el: a Casa Museo Rosalía de Castro en Padrón. Pero a recuperación da historiografía non quedou na autora de Iria Flavia, pois como primeiro presidente da Fundación Otero Pedrayo promoveu a conversión en casa museo da vivenda de Otero Pedrayo en Trasalba.
Crente católico coma Alexandre Bóveda, Florentino López Cuevillas, Vicente Risco ou don Ramón Otero Pedrayo, colaborou na revista galega de pensamento cristián Encrucillada ata a súa morte.
Obra
editar- Proceso en Galicia a las prótesis totales de cadera (1971)
- Cirugía del dolor lumbosacro (Relatorio SECOT, Valladolid, 1977)
- Artrodesis lumbosacra (mediametraxe a cor 36 mm, 35 minutos, 1979)
- Sentencia en Galicia a las prótesis totales de cadera (1985)
- Entre Portas (escolma de artigos. Edit. Compostela-Caja Madrid, 1997)
Pronunciou 152 conferencias e 9 pregóns, escribiu once prólogos a libros e 959 artigos[1].
Recoñecementos
editar- Membro correspondente da Real Academia Galega[2]
- Premio Trasalba en 2005.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 547. ISBN 84-8064-113-4.
- Fernández del Riego, F. (1990). Diccionario de escritores en lingua galega. Do Castro. p. 416. ISBN 978-84-7492-465-7.
- Varios (2005). Memoria dos amigos. Agustín Sixto Seco 1926-2004. Vigo. Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-813-7.