Casa museo

museo dedicado á vida e obra dunha persoa relacionada coa casa

Unha casa museo é un museo adicado á vida e obra dunha personalidade, situado na casa onde naceu, morreu ou pasou parte da súa vida.

Casa Museo Rosalía de Castro.

Características

editar

As casas museo teñen o interese de amosar as obras e obxectos utilizados por unha persoa no contorno en que se desenvolveu a súa existencia. Adoitan conservar parte do mobiliario e obxectos decorativos da época do personaxe, que recrean as condicións de vida e os costumes do momento. Amais, expóñense obxectos persoais como correspondencia, pezas de vestir, debuxos ou a biblioteca persoal, así como obxectos reunidos pola persoa como parte da súa colección privada.

A creación dunha casa museo pode deberse ben á doazón do edificio por parte dos seus descendentes, ou ben pola compra por parte dunha institución pública para convertela en espazo de exposición, recordo e homenaxe. En ocasións lévanse a cabo obras de remodelación para transformar a vivenda en museo, con reconstrucións para recrear o aspecto que tivo nunha época determinada.

Casas museo en Galicia

editar
 
Casa museo de Picasso na Coruña.
 
Casa museo de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo.
Persoeiro Casa museo Lugar
Emilia Pardo Bazán Casa Museo de Emilia Pardo Bazán A Coruña
Casares Quiroga Casa Museo Casares Quiroga A Coruña
María Pita Casa Museo de María Pita A Coruña
Pablo Picasso Casa Museo Picasso A Coruña
Rosalía de Castro Casa Museo Rosalía de Castro A Matanza (Iria Flavia, Padrón)
Ramón Otero Pedrayo Casa Museo de Otero Pedrayo (d) Trasalba (Amoeiro)
Víctor Corral Casa Museo de Víctor Corral (d) Baamonde (Begonte)
Manuel Antonio Casa Museo de Manuel Antonio Rianxo
Wenceslao Fernández Flórez Villa Florentina Cecebre (Cambre)
Vicente Risco Casa Museo de Vicente Risco (d) Allariz
Cristovo Colón Casa Museo de Cristovo Colón Portosanto (San Salvador de Poio, Poio)
Manuel María Casa Museo de Manuel María (d) Outeiro de Rei
Valle-Inclán Casa Museo de Valle-Inclán Vilanova de Arousa
Uxío Novoneyra Casa Museo de Uxío Novoneyra Parada (Seoane do Courel, Folgoso do Courel)
Eduardo Pondal Casa Museo de Eduardo Pondal Ponteceso
Camilo José Cela Casa Museo de Camilo José Cela (d) Iria Flavia (Padrón)
Ramón María Aller Casa Museo de Ramón Aller Lalín
Álvaro Cunqueiro Casa Museo de Álvaro Cunqueiro[1] (d) Mondoñedo
Ramón Caamaño Casa Museo Ramón Caamaño[2] Muxía
Julio Camba e Francisco Camba Casa Museo Irmáns Camba[3] Vilanova de Arousa
Diego de Giráldez Casa Museo Diego Giráldez[4] A Cañiza
Ramón Cabanillas Casa Museo Ramón Cabanillas[5] Cambados
María Antonia Dans Casa Museo María Antonia Dans[6] Curtis