Francisco Camba

escritor galego

Francisco Camba Andreu, nado en Vilanova de Arousa o 16 de novembro de 1882 e finado en Madrid o 6 de febreiro de 1948[1], foi un escritor galego.

Francisco Camba
Retrato en Vida Gallega, 1918
AlcumeEl Hidalgo de Tor
Nacemento16 de novembro de 1882
Lugar de nacementoVilanova de Arousa
Falecemento6 de febreiro de 1948
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e xornalista
IrmánsJulio Camba
PremiosPremio Fastenrath
editar datos en Wikidata ]
Francisco Camba, retrato en Vida Gallega, 1922.

Traxectoria editar

Naceu nunha familia de clase media, fillo do mestre e practicante Manuel Camba Bóveda e de Juana Andreu Temes. Foi irmán de Julio Camba, e a súa casa natal converteuse na Casa Museo Irmáns Camba[2].

En abril de 1898 obtivo o título de mestre na Escola Normal de Pontevedra, e comezou a exercer en xuño dese mesmo ano. Pasou por escolas de Caldas de Reis, Portomarín, Lugo e Santiago de Compostela. Colaborou en prensa galega, como El Lucense, El Regional, Gaceta de Galicia ou La Provincia. Comezou a súa carreira como novelista coa obra O Terruño[3], publicada en formato folletín en La Idea Moderna[1].

En 1902 decide trasladarse a Madrid, e colaborou en Blanco y Negro co pseudónimo El Hidalgo de Tor.[1] Exiliouse en Buenos Aires por motivos políticos, e colaborou en El Diario Español e La Nación.

De regreso a Madrid colaborou en diferentes periódicos, como El Parlamentario, fundado e dirixido polo seu amigo Luis Antón del Olmet. Pasou a guerra civil española, como partidario do bando sublevado, e plasmou as súas vivencias na novela Madridgrado (1939)[4].

Obra editar

A súa obra é de carácter costumista, internándose mesmo na crítica social, se ben derivou cara ao dramatismo sentimental[5]. Cultivou temas como a aviación en Los nietos de Ícaro ou a emigración a América en El vellocino de plata.

Narrativa en galego editar

Narrativa en castelán editar

 
Mar loba, ilustrado por M. Ramos.
  • Camino adelante. A través de Galicia (1908; crónicas de viaxes. La Voz de Galicia)[6]
  • Los españoles en el centenario argentino (1910)
  • Los nietos de Ícaro (1911)
  • El amigo Chirel (1918)
  • La revolución de Laíño (1919; premio Fastenrath da Real Academia Española[7])
  • Cárcel de seda (1920)
  • Camino adelante
  • El vellocino de plata (1922)
  • El enigma de las llamas azules (1922)
  • El pecado de San Jesusito (1923; premiada polo Círculo de Belas Artes de Madrid)
  • Mimí Magdalena (1924)
  • El idilio de "Artagnan" novela de la vida perruna (1925)
  • El tributo de las siete doncellas (1926)
  • Una morena y una rubia (1929; adaptada ao cinema en 1933 como comedia musical)
  • Flor de fango (1926)
  • Piedra rodada (1927)
  • Crimen de mujer (1927)
  • Machicha Monroy (1930)
  • La noche mil y dos (1930)
  • La sirena rubia (1931)
  • Lerroux, el caballero de la libertad (1935)
  • El pino y la palmera (1936)
  • Madridgrado. Documental Film (1939)
  • El convoy de la isla del Coral (1943)
  • El drama del oro negro (1943)
  • Fernando Villamil (1944)

Despois da guerra civil comezou un proxecto ambicioso, Episodios Contemporáneos, unha continuación dos Episodios Nacionales de Benito Pérez Galdós, tratando a historia española desde 1906 até 1936:

 
Placa na casa natal
  • Cuando la boda del rey (1942)
  • La leyenda negra (1943)
  • ¡Maura, no! (1944)
  • El Ducado de Canalejas (1944)
  • Los mosqueteros de la neutralidad (1945)
  • La rebelión de los mandos (1945)
  • La ley de fugas (1946)
  • Annual (1946)
  • Primo de Rivera (1946)
  • El romancillo del capitán Galán (1947)
  • La caída de Alfonso XIII (1947)
  • Las luminarias del señor ministro (1947)
  • Los jabalíes del jardín florido (1948)
  • De Castilblanco a Villa Cisneros (1948)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Couceiro Freijomil, A. (1951). "Camba Andreu, Francisco". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) 1. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 206-207. 
  2. "Casas museo". Vilanova de Arousa. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Carballo Calero, R. (198). Historia da literatura galega contemporánea (3ª ed.). Galaxia. pp. 507–508. 
  4. Juan Soto (22 de abril de 2018). "El otro Camba". ABC (en castelán). 
  5. ""Escritores olvidados: Francisco Camba"". ABC (en castelán). 14 de agosto de 1969. 
  6. Ángel Manuel Castiñeira Castro (19 de agosto de 2007). "El veraneo en Galicia". La Voz de Galicia. 
  7. "Premio Fastenrath". El poder de la palabra. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar