Máximo Ramos

pintor galego

Máximo Ramos López, nado na Graña (Ferrol) o 4 de setembro de 1880 e finado en Madrid o 25 de febreiro de 1944[1][2][3], foi un debuxante, ilustrador, gravador e pintor galego.

Máximo Ramos
Nacemento4 de setembro de 1880
Lugar de nacementoA Graña
Falecemento25 de febreiro de 1944
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndebuxante, ilustrador, gravador e pintor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de mariño, Máximo, orfo xa de mozo, non quixo seguir a profesión do pai. Colaborou en El Correo Gallego daquela inda en Ferrol. En 1907 trasladouse á Coruña. En 1910 emigrou a América, traballando de cartelista e escenógrafo, percorrendo México, Cuba (colaborando con Galicia Gráfica e Labor Gallega), os Estados Unidos, Guatemala e a Arxentina.[4]

De volta en España traballou para La Ilustración Española y Americana (da que foi director artístico en 1913), Diario Ferrolano, Prensa Española (Blanco y Negro e ABC), La Esfera, Nuevo Mundo, Flechas y Pelayos e Fotos.

A súa obra está presente nas coleccións de institucións como, entre outras, o Museo Provincial de Pontevedra, a Colección Afundación, o Museo Municipal Quiñones de León,[5] o Museo de Belas Artes da Coruña,[6] a Real Academia Galega[7] ou o Museo ABC.

RecoñecementosEditar

  • O Premio Máximo Ramos,[8] así como unha rúa do Concello de Ferrol, levan o seu nome.[9]

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar