La Esfera
La Esfera foi unha revista ilustrada editada na cidade española de Madrid dende 1914 ata 1931.
«Amarantina» de Julio Romero de Torres | |
País | España |
---|---|
Lugar | Madrid |
Lingua | lingua castelá |
Categoría | revista ilustrada |
Fundación | 3 de xaneiro de 1914 |
Primeira edición | 3 de xaneiro de 1914 |
Última edición | 17 de xaneiro de 1931 |
Desenvolvemento | |
Compañía | Prensa Gráfica |
Circulación | |
Frecuencia | semanal |
ISSN | 1577-0389 |
OCLC | 436702960 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarO seu primeiro número foi publicado o 3 de xaneiro de 1914.[1][2] Dirixida durante os seus dezasete anos de traxectoria polo malagueño Francisco Verdugo Landi,[3][4] foi editada polo grupo Prensa Gráfica,[5] ao que tamén pertenceron as revistas Mundo Gráfico, Nuevo Mundo e Por esos Mundos, chegando a empresa a acaparar o mercado.[6]
Sufriu a Primeira guerra mundial, a causa do encarecemento do prezo do papel, co que se viu obrigada a aumentar o custo da revista.[7] O último número de La Esfera publicouse o 17 de xaneiro de 1931,[2][8] coincidindo co cambio de goberno do xeneral Dámaso Berenguer por Juan Bautista Aznar-Cabañas, próximo á proclamación da Segunda República Española.[9]
Tratábase dunha revista cara,[8] cualificada mesmo como «de luxo»:[1] os seus primeiros números custaban 50 céntimos de peseta, que pasarían a ser 60 no ano 1917 para finalmente terminar vendéndose ao prezo dunha peseta a partir de 1920.[8] A revista contaba con excelentes ilustracións e gravados[8][10] e unha gran calidade de impresión.[8]
A publicación mexicana Novedades chegou a describir a La Esfera da seguinte maneira: «Este semanario figura á cabeza das publicacións gráficas de España e da América latina. É unha verdadeira marabilla artística, non superada por ningún dos máis fermosos xornais do mundo»,[4] segundo Jean-Michel Desvois sería «sen dúbida a mellor revista publicada en España, aínda que o seu prezo exorbitante».[11][12]
Colaboradores
editarA revista contou con textos elaborados por autores como Miguel de Unamuno, Ramiro de Maeztu,[13] Jacinto Benavente, Emilia Pardo Bazán,[14] Ramón Pérez de Ayala,[15][16] Alberto Insúa,[17] Dionisio Pérez, José Francos Rodríguez,[18] José Francés ou José María Carretero Novillo.[19]
Entre o grupo de ilustradores contou con colaboracións de Salvador Bartolozzi, Isidro Fernández Fuentes «Gamonal», Ricardo Marín, Ricardo Verdugo Landi, Federico Ribas, Máximo Ramos, Rafael de Penagos,[20] Enrique Estévez Ochoa[21] ou Manuel Bujados.
Na parte fotográfica participaron Christian Franzen,[22] Antonio Cánovas del Castillo «Kaulak»,[23] Eduardo Vilaseca,[24] José Luís Demaría López «Campúa», Alfonso Sánchez García «Alfonso»,[25] Salazar,[26] Louis Hugelmann, Charles Trampus,[27] Eduardo Rodríguez Cabezas «Dubois», Federico Ballell, Alejandro Merletti, Adolf Mais Ginestà, Manuel Asenjo, Venancio Gombau (1861-1929), Antonio García (1835-1918),[28] Diego Pérez Romeu, José Pan Alberto «Panelberto» ou dous dos irmáns Calvache: Diego —finado en 1919— e Antonio.[29]
Galería de imaxes
editar-
1915
-
1916
-
1917
-
1919
-
1922
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Dendle 1990, p. 13.
- ↑ 2,0 2,1 "La Esfera (Madrid. 1914)". Hemeroteca digital. Biblioteca Nacional de España.
- ↑ Sánchez Vigil 2001, p. 135.
- ↑ 4,0 4,1 "Ha fallecido en Madrid Don Francisco Verdugo Landi". ABC (Sevilla) (17 329): 22. 13/3/1959.
- ↑ Sánchez Vigil 2001, pp. 135-136.
- ↑ Sánchez Vigil 2001, p. 148.
- ↑ Sánchez Vigil 2001, pp. 149-150.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Friera 1986, p. 19.
- ↑ Sánchez Vigil 2001, pp. 157.
- ↑ Dendle 1990, p. 15.
- ↑ Almarza Burbano, María Elisa (decembro de 2009). "Francisco de Paula Aldana Montes (1870-1938): pintor e ilustrador malagueño (segunda parte)". Isla de Arriarán: revista cultural y científica (34): 269. ISSN 1133-6293.
- ↑ Desvois 1996, pp. 343-344.
- ↑ Dendle 1990, p. 17.
- ↑ Friera 1986, p. 20.
- ↑ Dendle 1990, p. 14, 16, 17.
- ↑ Friera 1986, p. 22.
- ↑ Dendle 1990, p. 16.
- ↑ Dendle 1990, p. 14.
- ↑ Sánchez Vigil 2001, p. 175.
- ↑ Sánchez Vigil 2001, pp. 177-179.
- ↑ Fraguas, Rafael (1/2/2016). "El pintor del eterno femenino". El País.
- ↑ Sánchez Vigil 2001, pp. 311-314.
- ↑ Sánchez Vigil 2001, pp. 314-328.
- ↑ Sánchez Vigil 2001, p. 270.
- ↑ Sánchez Vigil 2001, pp. 278-291.
- ↑ Sánchez Vigil 2001, pp. 273.
- ↑ Sánchez Vigil 2001, pp. 268-269.
- ↑ Sánchez Vigil 2001, pp. 292-301.
- ↑ Langa Nuño 2011, p. 229.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: La Esfera |
Bibliografía
editar- Dendle, Brian J. (1990). Galdós y la Esfera. Editum. ISBN 9788476849330.
- Desvois, J.-M. (1996). "El fin de las "Ilustraciones": el caso de Madrid". La prensa ilustrada en España: las "Ilustraciones" 1850-1920. pp. 343–348. ISBN 2-905397-94-2.
- Friera, Florencio (1986). "Prólogo". Artículos y ensayos en los semanarios España, Nuevo Mundo y La Esfera. UniOvi. pp. 11–23. ISBN 9788460047407.
- Langa Nuño, Concha (2011). La comunicación en Andalucía: Historia, estructura y nuevas tecnologías. Centro de Estudios Andaluces. ISBN 9788493907808.
- Sánchez Vigil, Juan Miguel (2001). La documentación fotográfica en España: revista La Esfera (1914-1920) (tese). Complutense. ISBN 84-669-0088-8.