Federico Ribas

debuxante, ilustrador, publicista e pintor galego

Federico Ribas Montenegro, nado no Concello de Bouzas (hoxe Bouzas, Vigo) o 26 de outubro de 1890[1] e finado en Madrid o 11 de setembro de 1952, foi un debuxante, ilustrador, publicista e pintor galego.

Federico Ribas
Federico Ribas 1928.jpg
Retrato en Vida Gallega, 1928.
NomeFederico Ribas Montenegro
Nacemento26 de outubro de 1890
 Vigo
Falecemento11 de setembro de 1952
 Madrid
NacionalidadeEspaña
FillosMaryan Ribas
Eidoilustración, publicidade
Influenciado porRafael Kirchner
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

De pais cataláns,[2] de mozo opositou a Correos, sen éxito, e emigrou á Arxentina en 1908, onde traballou para Última Hora, Papel y Tinta, El Diario, PBT, Caras y Caretas, Crónicas de Oro e España Republicana. En 1912 marchou a París e traballou en Elégances, Mundial (que dirixía Rubén Darío) e Le Rire. Volveu a España e instalouse en Madrid en 1916 onde traballou para Blanco y Negro e ABC e facendo portadas para libros. Asinou, en ocasións co pseudónimo de Mirko. Dirixiu unha empresa de publicidade e, para pasar os veráns, mercou unha casa en Beluso, onde o colleu o comezo da Guerra Civil.

Exiliouse, chegando a Buenos Aires o 7 de novembro de 1936. Alí dirixiu a revista Atlántida e casou coa actriz española Mercedes Sicilia.[3] Na Arxentina coincidiu con Castelao e Luís Seoane. Fixo as personaxes para o filme de animación arxentino en branco en negro El mono relojero, de 1938, e adaptacións gráficas do Quijote (1946) e da Illa do tesouro (1947). En 1949 volveu a Madrid para seguir nos antigos traballos publicitarios. Colaborou con Blanco y Negro, Crónica, Buen Humor, Flirt, Nuevo Mundo, Faro de Vigo, Vida Gallega, El Pueblo Gallego, La Esfera, ....[4]

ObraEditar

Hai obra de Federico Ribas, entre outras coleccións, na Afundación,[5] no Museo Municipal Quiñones de León, no Museo de Belas Artes da Coruña,[6] no Museo Provincial de Pontevedra, no Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside,[7] no Museo Massó e no Museo Anfaco da Industria Conserveira.[8]

Vida persoalEditar

É irmán do xornalista José Ribas Montenegro. A súa filla Maryan Ribas Sicilia (1933) é tamén pintora.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar