Museo Massó
O Museo Massó é un centro situado no concello de Bueu, no edificio usado como fábrica de conservas Salvador Massó e Fillos que instalou esta familia de orixe catalá a principios do século XIX.
Museo Massó | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | museo ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | Bueu ![]() | |||
País | España ![]() | |||
Código postal | 36930 ![]() | |||
Enderezo | Avda. Montero Ríos, s/n ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | museos.xunta.gal… ![]() | |||
Teléfono | +34 986-321838 ![]() | |||
Correo | mailto:museo.masso@xunta.gal ![]() | |||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Historia
editarA mediados do século XX a familia Massó foi xuntando unha espléndida colección de libros antigos, cartas mariñas e de navegación, mapas e instrumentos de navegación e outros obxectos relacionados co mar e a industria conserveira. En 1928 Guglielmo Marconi visitou as instalacións industriais dos Massó e propúxolles a idea de facer un museo. A idea foi aceptada e o 26 de novembro de 1932 inauguráronse as novas instalacións museísticas. O ano 1992 a Xunta de Galicia comprou a colección e os edificios que compuñan as instalacións. Tras unha rehabilitación reinaugurou o museo o 10 de xullo de 2002.
Contidos
editarEntre as obras expostas destacan pinturas de Urbano Lugrís, a colección de modelos de naves históricas e de instrumentos de navegación antiga. Na colección de libros, entre varios incunábeis, destaca a Cosmographia de Claudio Tolomeo de 1490.
Unha das súas salas esta dedicada á etnografía de Bueu onde se reúne e expón unha ampla mostra de aparellos de pesca e marisqueo, como liñas, poteiras, nasas e, moi especialmente, o relacionado coa dorna de Bueu ou dorna polbeira (adicado á pesca do polbo). A carpintaría de ribeira ocupa unha ampla zona onde se expoñen os diferentes instrumentos e ferramentas que se utilizaban neste, case desaparecido, oficio. Tamén se mostra instrumental daqueles traballos complementarios á pesca, como a redería, a calafatería e cabulería.
Provenientes das antigas instalacións conserveiras da fábrica de Massó hai unha mostra de diferentes máquinas utilizadas para a realización da conserva, dende a construción da lata ata a saída da conserva. Móstrase o seu funcionamento mediante fotografías e proxeccións.
Os Massó construíron unha factoría de tratamento de cetáceos na veciña localidade de Cangas. Destas instalacións e dos barcos baleeiros que subministraban a materia prima, hai unha colección de instrumental de desmembramento e caza de baleas, entre os que destaca un canón de arponeo e diferentes tipos de arpóns.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Museo Massó |