Julio Romero de Torres

pintor español

Julio Romero de Torres, nado en Córdoba o 9 de novembro de 1874 e finado na mesma cidade o 10 de maio de 1930, foi un pintor español, membro da Real Academia de Córdoba e da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.[1]

Infotaula de personaJulio Romero de Torres

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de novembro de 1874 Editar o valor em Wikidata
Córdoba, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de maio de 1930 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Córdoba, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCementerio de San Rafael Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoRetrato Editar o valor em Wikidata
MovementoSimbolismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeFrancisca Pellicer López
FillosRafael Romero de Torres Pellicer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiRafael Romero Barros Editar o valor em Wikidata
IrmánsRafael Romero de Torres (pt) Traducir, Enrique Romero de Torres (pt) Traducir e María de los Ángeles Romero de Torres (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: eb75118a-c6e1-4471-ab4e-80f0a759e658 Discogs: 3152999 Find a Grave: 7533433 Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Infancia editar

Fillo do tamén pintor Rafael Romero Barros, director do Museo de Belas Artes de Córdoba, comezou a súa aprendizaxe ás ordes do seu pai na Escola de Belas Artes de Córdoba[2] á idade de 10 anos. Grazas ao seu afán por aprender, viviu intensamente a vida cultural cordobesa de finais do século XIX e coñeceu xa desde moi novo todos os movementos artísticos dominantes desa época.

A época das Exposicións Nacionais editar

Os problemas familiares, a partir da morte do pai en 1895, obrigáronlle a el e aos seus irmáns, que acabaron retornando a Córdoba, a apoiarse economicamente de maneira mutua. Na casa anexa ao Museo viviron varios dos seus irmáns, até que morreron tamén moi novos Rafael e Enrique, os fillos destes e algunha das viúvas. Para contribuír á economía familiar e conseguir unha certa relevancia artística, Julio Romero de Torres, participou intensamente en todos os acontecementos artísticos da súa cidade e mesmo da España da súa época como eran as Exposicións Nacionais de Belas Artes.[3]

Así, xa no ano 1895 participou na Exposición Nacional de Madrid, onde recibiu un nomeamento honorífico. Tamén participou nas edicións de 1899 e de 1904, nas que recibiu o terceiro premio. Nesa época iniciou a súa experiencia docente na Escola de Belas Artes de Córdoba e, posteriormente, na de Artes Industriais.[2] En 1906, o xurado da Exposición Nacional de Belas Artes rexeitou o seu cadro Vividoras del Amor, o cal provocou que a sala onde se expuñan as obras rexeitadas fose máis visitada que as salas oficiais da exposición. Ese mesmo ano realizou viaxes por toda Italia, Francia, Inglaterra e os Países Baixos.

En 1907 concorreu en Madrid, xunto cos pintores de máis sona da época, na exposición dos independentes no Círculo de Belas Artes. Pouco despois obtivo a súa primeira medalla de ouro na Exposición Nacional do ano 1908, co seu cadro Musa gitana. Tamén recibiu o primeiro premio na Exposición de Barcelona de 1911, con El Retablo del Amor, e dous anos despois na Internacional de Múnic. Na Exposición Nacional de 1912, cando Romero de Torres aspiraba á medalla de honra, a súa obra non foi recoñecida, o que motivou que os seus admiradores lle outorgasen unha medalla de ouro cicelada polo escultor Julio Antonio. Cando os seus cadros tampouco foron premiados na Exposición de 1915 coa medalla de honra, decidiu retirarse definitivamente das Exposicións Nacionais.[4]

Madureza editar

En 1916 converteuse en catedrático de Vestidura na Escola de Belas Artes de Madrid, e instalouse definitivamente nesa cidade, onde estableceu amizade, entre outros, co escultor galego Francisco Asorey e co pintor compostelán Juan Luis. A partir de aquí, a súa obra comezou a representar o pavillón español de diversos certames internacionais, convocados en cidades como París ou Londres, entre outras. Porén, o momento do grande éxito produciríase en Bos Aires, no ano 1922. No mes de agosto, Julio Romero de Torres viaxou á República Arxentina na compaña do seu irmán Enrique, e os derradeiros días dese mesmo mes inaugurouse a súa exposición, cun catálogo prologado cun texto de Ramón María del Valle-Inclán. A mostra constituíu un éxito sen precedentes.[5] Tamén exhibiu a súa obra na Exposición Iberoamericana de Sevilla no ano 1929 e en múltiples exposicións individuais en España e no estranxeiro. A principios de 1930, Julio Romero de Torres, esgotado polo exceso de traballo e afectado por unha doenza hepática, volveu á súa Córdoba natal para tratar de recuperarse. No seu estudio da praza de El Potro realizou entre os meses de xaneiro e febreiro a que sería a súa derradeira obra e máis popularmente coñecida, La chiquita piconera.[6]

 
Billete español de 100 pesetas de 1953, en cuxo anverso se amosa o retrato do autor e no reverso unha das súas obras.

El 10 de maio de 1930 morría Julio Romero de Torres na súa casa de Córdoba, feito que commocionou toda a cidade. As manifestacións de dó xeral que produciu a súa morte, nas que participaron masivamente desde as clases traballadoras máis humildes ata a aristocracia cordobesa, evidenciaron a immensa popularidade do pintor.

As súas obras editar

 
Fachada do Museo Julio Romero de Torres, en Córdoba.

En 1890 pintou a que sería a súa primeira obra coñecida: La huerta de los Morales.

O groso da súa obra atópase en Córdoba no Museo Julio Romero de Torres, onde se pode admirar o amplo repertorio de cadros que foron doados pola súa familia e por coleccionistas privados, ou comprados polo Concello. Entre as obras máis salientables deste mestre figuran Naranjas y limones, Amor místico y amor profano, Poema de Córdoba, Marta y María, La saeta, Cante hondo, La consagración de la copla, Carmen e, por suposto, La chiquita piconera ou El retablo del amor.

Outras obras, como La buenaventura, Feria de Córdoba ou La Monja, poden contemplarse no Museo Carmen Thyssen de Málaga.

Características da súa obra editar

Como escribe no seu ensaio Francisco Zueras Torrens, as características principais da súa obra están repletas de contido e profuso estudo de cada elemento presente no cadro.[7] Así, estas pódense resumir en:

  • Simbolismo.
  • Precisión de forma e debuxo.
  • Luz suave en roupaxes e carnes.
  • Estraña luz de escenarios.
  • Poética artificiosidade de escenarios.
  • Dominio da morbidez.
  • Capacidade enorme para representar a figura humana.
  • Paisaxes que reforzan o simbolismo.
  • Paisaxes onde a realidade se converte en alegoría.
  • Paisaxes listas para seren degustadas pola alma "sen se deter na superficie coriácea das cousas.
  • Paisaxes desmaterializadas para a súa derradeira vivencia co espectador.

Galería editar

Notas editar

  1. Biografía de Julio Romero de Torres. En www.cordoba24.info
  2. 2,0 2,1 Báez 2022, p. 24
  3. Báez 2022, p. 26
  4. Martín Bourgon, María Teresa. Romero de Torres, Julio. Museo Nacional del Prado.
  5. Pérez de Ayala, Ramón, "Romero de Torres en la Argentina", En Ramón Pérez de Ayala y las artes plásticas (catálogo de exposición). Granada, Fundación Rodríguez-Acosta, 1991. Páxinas 222 a 225.
  6. Pérez de Ayala, Ramón, "Julio Romero de Torres pintor", Ramón Pérez de Ayala y las artes plásticas. Catálogo de exposición. Granada, Fundación Rodríguez-Acosta, 1991. Páxinas 140 a 142.
  7. Zueras Torrens, Francisco (1987). Julio Romero de Torres y su mundo. Córdoba: Monte de Piedad y Caja de Ahorros de Córdoba. ISBN 84-7580-432-2

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Báez, José María (febreiro 2022). Art Duomo Global, ed. "La pintura en el jardín con senderos que se bifurcan". Descubrir el Arte (Madrid). XXIII (276): 24–32. ISSN 1578-9047. 
  • García de la Torre, Fuensanta. Julio Romero de Torres. Arco Libros, 2008. ISBN 9788476357194
  • VV.AA. Julio Romero de Torres: símbolo, materia y obsesión. TF Editores, 2015. ISBN 9788489162037
  • Calvo Serraller, Francisco, "La hora de iluminar lo negro: tientos sobre Julio Romero de ­Torres", Julio Romero de Torres (1874-1930). Catálogo de exposición. Madrid, Fundación Cultural Mapfre vida, 1993.
  • Zueras Torrent, Francisco, Julio Romero de Torres, su vida y su mundo, Córdoba, Ayuntamiento, Delegación de Cultura, 1974.

Ligazóns externas editar