Dámaso Berenguer

Dámaso Berenguer y Fusté, nado en San Juan de los Remedios (Cuba) o 4 de agosto de 1873 e finado en Madrid o 19 de maio de 1953, foi un militar e político español. Primeiro Conde de Chauen [1920-1953].

Modelo:BiografíaDámaso Berenguer

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Dámaso Berenguer Fusté Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de agosto de 1873 Editar o valor en Wikidata
Remedios (Imperio Español) Editar o valor en Wikidata
Morte19 de maio de 1953 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Madrid (España) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSacramental de San Lorenzo y San José Editar o valor en Wikidata
Presidente do Goberno de España
28 de marzo de 1930 – 1931
← Miguel Primo de RiveraJuan Bautista Aznar-Cabañas →
Presidente do Consello de Ministros
30 de xaneiro de 1930 – 18 de febreiro de 1931
← Miguel Primo de RiveraJuan Bautista Aznar-Cabañas →
Ministro da Guerra
30 de xaneiro de 1930 – 14 de abril de 1931
← Julio de Ardanaz CrespoManuel Azaña →
Xefe do Cuarto Militar da Casa da Súa Maxestade o Rei
2 de setembro de 1926 – 28 de marzo de 1930
← José Zabalza e IturririaFelipe Navarro y Ceballos-Escalera (en) Traducir →
Capitán Xeneral da VIII Rexión Militar
27 de marzo de 1925 – 31 de agosto de 1926
← Julio de Ardanaz CrespoEnrique Marzo Balaguer →
Alto Comisario de España en Marrocos
26 de xaneiro de 1919 – 14 de xullo de 1922
← Francisco Gómez Jordana (en) TraducirRicardo Burguete y Lana (pt) Traducir →
Ministro da Guerra
9 de novembro de 1918 – 27 de xaneiro de 1919
← José Marina Vega (en) TraducirDiego Muñoz-Cobo y Serrano → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia Xeral Militar Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, militar, escritor, ministro Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarTenente xeneral Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra de Independencia cubana
Guerra do Rif Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde
Countship of Xauen (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IrmánsFernando Berenguer y Fusté Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1187447

Participou nas campañas da guerra de Marrocos en 1909, converténdose nunha figura prestixiosa dentro do exército, sendo ascendido a xeneral. En 1918, no goberno presidido por García Prieto foi Ministro da Guerra.

Traxectoria

editar

Nado en Cuba de pais españois, Dámaso Berenguer abrazou a carreira militar, ingresando na Academia Xeral Militar, graduándose pola arma de Cabalaría en 1892, como alférez. Poucos anos despois, Berenguer participou na Guerra de Independencia de Cuba. Pasou a ocupar diversos destinos no Protectorado español de Marrocos, e tomando parte na guerra de Marrocos, a partir de 1909, ascendendo por méritos de guerra até o xeneralato. En 1916, foi promovido a gobernador militar da provincia de Málaga.

Alto Comisario en Marrocos

editar

Logo de ser nomeado Alto Comisario español en Marrocos, deseñou un ambicioso plano de pacificación e ocupación definitiva do territorio do protectorado. A pesar de obter algúns éxitos nos comezos, como foi a toma de Xauen en 1920, toda a operación fracasou ante o desastre de Annual (1921), propiciado pola actuación neglixente do xeneral Fernández Silvestre, comandante xeneral da zona de Melilla e subordinado seu. Silvestre, ao que parece, animado polo rei Afonso XIII, no seu avance sobre Annual fixo sen fortificar axeitadamente a súa retagarda. Esta actuación temeraria produciu a derrota perante as harkas rifeñas, dirixidas por Abd el Krim

Procesado e separado do servizo pola súa responsabilidade, foi amnistiado logo do golpe de estado de Primo de Rivera en 1923. En 1924 foi nomeado xefe da Casa Militar do rei. O 27 de marzo de 1925 foi nomeado Capitán Xeneral de Galicia, cargo que ostentou até o 31 de agosto de 1926. Primo de Rivera propuxo o seu nomeamento como conde de Xauen en 1927.

A ditabranda

editar

En xaneiro de 1930, Primo de Rivera dimitiu ao serlle retirado o apoio do Exército, situación na que o rei Afonso XIII encomendou a Berenguer a formación do goberno e a normalización da situación política alterada por sete anos de ditadura. O 30 de xaneiro fórmase o novo goberno, no cal Berenguer, ademais da presidencia, asume tamén a carteira de Guerra.

As esperanzas postas neste goberno, a favor da ansiada volta á normalidade constitucional, goberno que popularmente sería coñecido como a «ditabranda», esboroan entre os partidarios da república, e incluso entre os grupos monárquicos, que foran marxinados pola ditadura de Primo de Rivera. Estes pretendían unha ampla revisión da lexislación emanada na ditadura, así como a reposición nos seus antigos cargos de deputados, concelleiros e catedráticos, dos que foran cesados pola mesma.

Con obxecto de tranquilizaren ánimos, Berenguer afirmou que o novo goberno quería a pacificación do país e máis a volta á normalidade constitucional, prometendo, entre outras cosas, a convocatoria de eleccións xerais, feito ao que se opuñan os partidos tradicionais, desarborados pola paréntese ditatorial.

O movemento obreiro, liberado despois de anos de amordazamento, acrecentou as súas protestas, producíndose un incremento da desorde pública.

Os partidos republicanos uníronse para provocar a caída da monarquía, asinando, en agosto de 1930, o denominado Pacto de San Sebastián. En decembro dese mesmo ano, un levantamento militar tentou en Jaca a proclamación da República, sendo fusilados os seus dirixentes, os capitáns Galán e García Hernández, tras fracasaren no seu intento.

Perante tantas dificultades, Berenguer renunciou o 14 de febreiro de 1931. Entón Afonso XIII ofreceu o goberno a Santiago Alba, que o rexeitaría, sendo substituído polo almirante Aznar. Dous meses despois caería a monarquía, á vista dos resultados favorábeis á república das eleccións municipais do 12 de abril de 1931. Dous días despois, foi proclamada a Segunda República Española.

Derradeiros anos

editar

Após a instauración da República, Berenguer foi encarcerado polas autoridades republicanas polo seu papel durante a ditadura. Dáse a circunstancia de que Berenguer presentouse en Madrid perante o director xeral de Seguridade, Carlos Blanco Pérez, que se negou a asinar a súa orde de entrada no cárcere; foi o fiscal da República, Ángel Galarza, quen finalmente asinou o seu ingreso en prisión.[1] Foi o último preso recluído no Alcázar de Segovia.[2] Foi procesado perante o Tribunal Supremo en 1932, sendo posteriormente amnistiado durante o bienio radical-cedista en 1934. Dende entón permaneceu apartado da vida pública e a súa participación no golpe de estado de xullo de 1936 non foi relevante. Publicou un libro de memorias titulado De la Dictadura a la República (1946) e morreu en Madrid en 1953.

  • La guerra de Marruecos. Madrid. Libr. Fernando Fe. 1918.
  • Campañas en el Rif y Yebala. Notas y Documentos. Años 1921-22 Madrid. Sucesores de Regino Velasco. 1923.
  • Campañas en el Rif y Yebala (2 vols) Madrid. Ed. Arés. 1948.
  • De la Dictadura a la República. Madrid. Ed. Plus Ultra. 1946 (Libro de memorias reeditada en 1975: Tebas, 1975 ISBN 84-7273-063-8)
  1. Cabrera Calvo-Sotelo 2011, p. 193.
  2. Segovia, Patronato del Alcázar de (D.L. 2010). El Alcázar de Segovia bicentenario 1808-2008. Patronato de El Alcázar de Segovia. ISBN 9788493783808. OCLC 868792460. 

Bibliografía

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
Predecesor:
Miguel Primo de Rivera
 
Presidente do Goberno de España

1930 - 1931
Sucesor:
Juan Bautista Aznar-Cabañas