Sublevación de Jaca

A Sublevación de Jaca do 12 de decembro de 1930 foi un pronunciamento militar contra o goberno do xeneral Berenguer, máis coñecido como "Dictablanda". Aínda que foi sufocada e foron fusilados os capitáns Fermín Galán Rodríguez e Ángel García Hernández os seus efectos foron frutuosos tras a proclamación da Segunda República Española catro meses despois.

Organízase baixo unha empresa de partidos políticos e organizacións republicanas como sindicatos baixo un "Comité Republicano Nacional". Iníciase coa proclamación da República desde os balcóns do concello de Jaca co nomeamento da primeira alcaldía republicana como símbolo do seu carácter estritamente civil. Ao mesmo tempo organízanse dúas columnas dirixidas polo capitán Galán e Sediles que parten cara a Huesca.

O 14 de decembro, baixo consello de guerra condénanse a morrer fusilados aos capitáns Galán e García Hernández. En marzo de 1931, serían xulgados e condenados un número significativo de militares polos feitos. O capitán Sediles, condenado á morte, foi indultado ante as mobilizacións populares. Pouco despois, tras as eleccións do 14 de abril, a monarquía exíliase e proclámase a República e recoñeceráselles como "mártires" pola República.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar