Juan Bautista Aznar-Cabañas

político español

Juan Bautista Aznar-Cabañas, nado en Cádiz, ou segundo outras fontes na Coruña,[1][2] o 5 de setembro de 1860 e finado en Madrid o 19 de febreiro de 1933,[3] ou simplemente Juan Bautista Aznar, foi un mariño e político español.

Juan Bautista Aznar-Cabañas
Juan Bautista Aznar-Cabañas.jpg
Nacemento5 de setembro de 1860 e 1860
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento19 de febreiro de 1933 e 1933
Lugar de falecementorúa Serrano
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico, autor e oficial da armada
PremiosCabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro e Gran Cruz del Mérito Naval con distintivo blanco
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Logo dunha brillante carreira militar, na que destacou o seu papel nas campañas desenvolvidas en Marrocos entrou en política poucos meses antes do golpe de estado de Primo de Rivera.

Tras alcanzar a graduación de almirante, en 1931 foi chamado para substituír o xeneral Dámaso Berenguer como xefe do que habería ser o derradeiro goberno da Monarquía de Afonso XIII.

No gabinete do almirante Aznar había dúas correntes monárquicas contrapostas: A corrente "dura" representada por La Cierva (alta burguesía), e a corrente "branda ou transixente", disposta a pactar cos republicanos, nese momento no cárcere Modelo de Madrid, representada polo Conde de Romanones. Nun punto medio, a cargo do Ministerio de Gobernación achábase José María de Hoyos y Vinent de la Torre O’Neill, Marqués de Hoyos. Como Ministro da Guerra estaba o xeneral Dámaso Berenguer (que fora o anterior presidente de Goberno), o conde de Bugallal Araujo no "grupo La Cierva" e, como Director Xeneral da Garda Civil, o xeneral Sanjurjo. O resto do gabinete formábano o Duque de Maura, o almirante José Rivera e os empresarios Ventosa Calvell (lugartenente de Cambó) e Gascón y Marín.

La Cierva e Bugallal mantiñan a postura de que a monarquía debía resistir fronte á República por calquera medio que fose, incluso utilizando a Garda Civil (ao que se opuxo Sanjurjo cando comprobou nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931) que os republicanos eran maioría nas cidades importantes (o que significaba o grupo máis importante de "republicanos ilustrados antimonárquicos").

O conde de Romanones, despois de intentar inutilmente chegar a un acordo cos republicanos para crear un goberno de transición, era partidario de que o Rei abandonara España, decisión que finalmente tomou o Rei.

Predecesor:
Dámaso Berenguer
Presidente do Consello de Ministros de España
1931
Sucesor:
Niceto Alcalá-Zamora

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Raymon Carr, España 1808-1975. Ariel. Barcelona. 1988