Abd el-Krim

Presidente da República do Rif

Abd el-Krim[1] (amazigh: Mulay Abdelkrim, nome completo: Muhammad Ibn 'Abd El-Karim El-Khattabi), nado en Ajdir o 12 de xaneiro de 1882 e finado no Cairo o 6 de febreiro de 1963, foi un líder bérber do Rif convertido en líder da resistencia armada do goberno colonial español e francés no norte de África.

Modelo:BiografíaAbd el-Krim

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ar) محمد بن عبد الكريم الخطابي Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xaneiro de 1882 Editar o valor en Wikidata
Ajdir (Marrocos) Editar o valor en Wikidata
Morte6 de febreiro de 1963 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
O Cairo, Exipto Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
General in the first World War (en) Traducir
18 de setembro de 1921 – 17 de maio de 1926 (Guerra do Rif) Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Al Quaraouiyine (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica e xornalismo Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncadí, escritor, presidente, membro da resistencia, político, xornalista, tradutor Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeRepública do Rif Editar o valor en Wikidata
Rango militarcapitán xeneral Editar o valor en Wikidata
ConflitoBatalla de Annual
Guerra do Rif Editar o valor en Wikidata
Participou en
8 de setembro de 1925Desembarco de Alhucemas
29 de xullo de 1921Massacre of Monte Arruit (en) Traducir
22 de xullo de 1921Batalla de Annual
8 de xuño de 1911Guerra do Rif Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiAbdelkrim Khattabi Editar o valor en Wikidata
IrmánsMhamed Abd el-Krim Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
Dictionary of African Biography,
Abdelkrim: Whose Hero is He? The Politics of Contested Memory in Today's Morocco (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1172734


Traxectoria

editar

O seu pai era Abdelkrim El-Khattabi, un cadi (xuíz islámico) do clan Ait Yusuf da tribo Aith Uriaghel, colaborador dos españois. Abd el-Krim estudou na Universidade de Fez e ao rematar recibiu o nomeamento de cadi en Melilla. Durante a primeira guerra mundial seu pai colaborou cos alemáns e Abd el-Krim permaneceu en prisión un ano (1915). Cando os españois entraron nas montañas do Rif en 1919 seu pai chamou os seus fillos e Abd el-Krim acudiu á chamada. Trala morte de seu pai en agosto de 1920 Abd el-Krim converteuse no líder da resistencia rifeña, en xuño de 1921 os rifeños dirixidos por Abd el-Krim atacaron unha posición española en Abarran, a súa caída supuxo o punto de partida dunha resistencia máis ampla có comezo da Guerra do Rif, durante o verán atacáronse posicións españolas e o 22 de xullo derrotou ás tropas españolas na batalla de Annual.

Abd el-Krim constituíu un goberno central no Rif, nomeou un cadí en cada cabila co obxecto de reforzar ese poder e unha policía secreta que o mantiña informado, tamén organizou un exército regular, que non conseguiu desenvolverse xa que a maioría das accións militares realizáronas as propias cabilas. En 1923 estendeu o seu poder sobre Gomara, rexión ao oeste do Rif. En 1924 fíxose co control da Yebala (rexión ao sur de Tetuán) pero tivo contestación das cabilas locais, que non recoñecían a súa autoridade, e ás que reprimiu. En abril de 1925 atacou posicións francesas e en xuño as tropas rifeñas estaban a 40 quilómetros de Fez, mentres tanto España e Francia chegaban a un acordo en Madrid para unha acción militar coordinada, o 10 de setembro desembarcaron tropas españolas mentres os franceses avanzaban polo sur. O 26 de maio de 1926 Abd el-Krim rendeuse aos franceses que o deportaron á illa de Reunión, en 1947 fuxiu mentres era trasladado á metrópole e refuxiouse en Exipto, onde encabezou o Comité de Liberación do Magreb Árabe.

  1. Diciopedia do século 21 (2006): Abd el-Krim: Caudillo marroquí (1882-1963), gobernador de Melilla. Organizou a sublevación contra o dominio español e obtivo as vitorias de Annual e Monte Arruit (1921). Ao fustrigar os franceses provocou o desembarco hispano-francés de Alhucemas...