Jacinto Benavente

escritor español

Jacinto Benavente y Martínez, nado en Galapagar (Madrid) o 12 de agosto de 1866 e finado no mesmo lugar o 14 de xullo de 1954, foi un dramaturgo, director, guionista e produtor de cinema español, gañador do Premio Nobel de Literatura en 1922.

Modelo:BiografíaJacinto Benavente

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de agosto de 1866 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de xullo de 1954 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Deputado das Cortes
28 de febreiro de 1918 – 5 de febreiro de 1919
Circunscrición electoral: Madrid
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndramaturgo, poeta, director de cinema, político, xornalista, escritor, avogado Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoDramaturxia e teatro Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
PaiMariano Benavente Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteEnsayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Benavente y Martínez (Jacinto), p.44, 495)
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0070251 IBDB: 6530
BNE: XX835237 Discogs: 3955927 Find a Grave: 9791984 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Formación

editar

Era fillo do notable médico pediatra Mariano Benavente, circunstancia que adoita relacionarse polo interese que mostrou pola infancia no seu libro Nenos (1917) e nas súas obras de teatro infantil.

Iniciou os estudos de dereito na Universidade Central de Madrid, pero, á morte do seu pai (1885), abandonounos para dedicarse á literatura. Durante algún tempo foi empresario de circo.

Recoñecementos

editar

Ingresou na Real Academia Española en 1912, ocupou en 1918 un escano no Congreso dos deputados e en 1947 asumiu, a título honorario, a presidencia da Confederación Internacional de Sociedades de Autores e Compositores. En 1924 recibiu o título de fillo predilecto de Madrid concedido polo seu Concello. Conquistou prezados galardóns: Premio Nobel de Literatura en 1922 ("por continuar dignamente as tradicións do teatro español"), Gran Cruz de Afonso X o Sabio en 1924, Medalla de Mérito no Traballo en 1950.

Homosexualidade

editar

A súa notoria condición de homosexual tivo moito que ver con que nos anos 1940 se lle retirase o nome das principais carteleiras, aínda que logo regresase a Madrid varios anos despois para alegría dos seus seguidores.[1]

Abordou case todos os xéneros teatrais: traxedia, comedia, drama, sainete. Todos os ambientes atoparon cabida e expresión cabal na súa escena: o rural e o urbano, o plebeo e o aristocrático. O seu teatro constitúe unha galería completa de tipos humanos. A comedia benaventina típica, costumista, moderna, incisiva, supón unha reacción contra o melodramatismo desorbitado de Echegaray. Lonxe do aparello efectista deste último, Benavente constrúe as súas obras tomando como fundamento a vida. Realismo, naturalidade e verosimilitude son os tres supostos de que parte a súa arte, sen excluír en moitos momentos certo hálito de poesía ou de exquisita ironía. Coñece perfectamente todos os recursos escénicos e sabe dar relevo dramático ás accións máis intranscendentes. En realidade pode dicirse que coa súa primeira obra, El nido ajeno (1894), en que expón un problema de celos entre irmáns, abre un novo período na dramaturxia española.

En Cartas a mujeres (1893) advírtese xa o seu interese pola psicoloxía feminina, característica que aparecerá en toda a súa actuación teatral; El nido ajeno (1894), Gente conocida (1896) e La comida de las fieras (1898) constitúen unha reacción contra o teatro moralizador de Tamayo ou de Galdós.

A partir de 1901, o seu teatro adquire maior profundidade con obras como La noche del sábado (1903), «novela escénica» impregnada de poesía; El dragón de fuego (1903) e Los intereses creados (1907), hábil combinación de sátira e humor, onde culmina a súa arte innovadora. Nela póñense en movemento os personaxes da «commedia dell'arte» italiana, con psicoloxía española, e faise unha sutil e perspicaz crítica do positivismo imperante na sociedade contemporánea. A obra logrou tan entusiasta acollida, que o público afervoado levou ao seu autor ao 'cabalo' ata o seu domicilio, ao termo da súa representación no Teatro Lara de Madrid.

En 1908 estreou La fuerza bruta, fundando ao ano seguinte, xunto co actor Porredón, un teatro para nenos. Noutras obras os principios educativos mestúranse con ambientes e motivos fantásticos (El príncipe que todo lo aprendió en libros, 1910).

En Señora ama (1908) e La malquerida (1913), ambas de ambiente rural, inspiradas na vila de Toledo na que pasou longos períodos de tempo, presenta como personaxes centrais caracteres femininos dominados sexualmente por homes de escasa altura moral.

 
Monumento a Jacinto Benavente nos Xardíns do Retiro de Madrid.

Obra destacada

editar

En total escribira 172 obras cando morreu, entre as que cómpre destacar:

  • Rosas de otoño (1905), comedia sentimental, de moderno romanticismo.
  • Los intereses creados (1907), comedia sobre os conflitos dun pícaro coa política.
  • Señora ama (1908), penetrante estudo psicolóxico dunha muller asediada polos celos.
  • El nietecito (1910), Comedia nun acto inspirada nun conto dos irmáns Grimm.
  • La malquerida (1913), drama rural de sombrío realismo.
  • La ciudad alegre y confiada (1916), continuación de Los intereses creados.
  • Campo de armiño (1916)
  • Lecciones de buen amor (1924)
  • La mariposa que voló sobre el mar (1926)
  • Pepa Doncel (1928)
  • Vidas cruzadas (1929)
  • Aves y pájaros (1940
  • La honradez de la cerradura (1942), comedia burguesa de crítica sobre a moral hipócrita e o adulterio.
  • La infanzona (1945).
  • Titania (1946), Sainete mitológico ao estilo do "Soño dunha noite de verán" de Shakespeare.
  • La infanzona (1947)
  • Abdicación (1948)
  • Llegó Don Juan (1952)
  • El alfiler en la boca (1954).

Cultivou ademais a poesía (Versos, 1893), o conto, o xornalismo e outras modalidades literarias (Cartas de mujeres, 1893; Pensamientos, 1931) con moi destacado acerto.

Crítico de teatro no xornal El Imparcial, recolleu os seus artigos en De sobremesa (1910, 5 volumes), El teatro del pueblo, Anotaciones (1914) e Crónicas y diálogos (1916).

Adaptacións ao cinema

editar

Atento á innovación que supuxo para o mundo do teatro e a literatura a posta en imaxes de historias coa chegada do «cinematógrafo», comandou unha adaptación do seu soado Los intereses creados en 1911 que, segundo os historiadores de cine é a mellor translación á pantalla dunha obra súa. Se non se fixo ningunha obra mestra máis coas súas historias, quedan no recordo un par de títulos non memorables pero si apreciables: La malquerida (1939, José López Tarso); Vidas cruzadas (1942, Luís Marquina); La noche del sábado (1950, Rafael Gil); Pepa Doncel (1969).

Comentarios sobre o estilo

editar

A súa penetración e coñecemento do idioma castelán son destacados, introducindo hábiles críticas sobre o mal uso que del se fai nos ambientes cotiáns. É especialmente sutil na ironía con que denuncia a manipulación que do entendemento pode facerse desde medios xurídicos, políticos ou informativos, coa alteración da sintaxe e lexicografía (véxase a conclusión de Os intereses creados, onde unha sentenza acusatoria se troca en exculpatoria, coa simple transposición dunha coma). O seu intelecto semántico excede claramente o doutros autores, non menos dignos, da lingua cervantina; sendo posible atopar unha remembranza da arte expresiva de Oscar Wilde.

  1. Juan Ignacio García Garzón. "La paradoja del comediógrafo" ABC, 14/7/2004 (en castelán)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar