Manuel Bujados

pintor galego

Arcadio Manuel Bujados Fernández, nado en Viveiro o 12 de xaneiro de 1889 e finado en Bell Ville, Provincia de Córdoba, Arxentina, o 21 de xuño de 1954, foi un pintor e debuxante galego marcado polo simbolismo francés.

Infotaula de personaManuel Bujados
Biografía
Nacemento12 de xaneiro de 1889 Editar o valor em Wikidata
Viveiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de xuño de 1954 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Bell Ville, Arxentina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura, ilustración e literatura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , ilustrador , debuxante , poeta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Traballou en ilustración de libros, e algunhas cubertas para El año artístico (1915-22) e colaborou nas revistas La Esfera, Blanco y Negro, Nuevo Mundo, Tribuna, Arte Musical[1] ou a sevillana Bética. Ilustrou portadas de libros, de autores como José Francés, Concha Espina ou Manuel Machado.

Tamén colaborou en Céltiga e participou nas exposicións de artistas galegos, aínda que viviu entre Madrid, París e a Arxentina. Sábese da súa amizade con Máximo Ramos, Francisco Asorey, Federico Ribas, Amando Suárez Couto e o pintor Juan Luis.

Notas editar

  1. Arte Musical, Ano IV, núm. 77, Madrid, 1918, portada.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar