Amando Suárez Couto
Amando Suárez Couto, nado en Ribadeo o 4 de maio de 1894 e finado o 14 de outubro de 1981, foi un pintor galego, irmán de Enrique, primeiro director da Granxa Escola Pedro Murias[1].
Amando Suárez Couto | |
---|---|
Nacemento | 4 de maio de 1894 |
Lugar de nacemento | Ribadeo |
Falecemento | 14 de outubro de 1981 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | pintor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou debuxo na Escola de Artes e Industrias de Madrid, comezando a súa obra polo estudo da paisaxe e as persoas de Galiza en obras como Romería de Sta. Cruz ou O Cego. Pasou logo en 1931 á influencia do postimpresionismo francés (O mineiro, Xogadores de xadrez).
No 1932 pasou a vivir en Madrid e montou unha granxa de pitos en Vicálvaro co seu irmán Luis. Na guerra civil, asinou un contrato co Partido Comunista para abastecer a Madrid, o que fixo que fose represaliado despois da caída de Madrid, aínda que seguiu a vivir en Vicálvaro.[2]
Despois da guerra civil española realizou outras obras que son consideradas de menor importancia. Tamén son mencionables as súas achegas no campo do debuxo e a ilustración, como os gravados en buxo que ilustran a obra Ribadeo Antiguo de Francisco Lanza. Realizou plumillas como O aforcado ou A morte do arlequín, nas que se observa o tratamento do claroscuro. Foi ilustrador de diversas revistas e director artístico da revista de artes e letras Orientaciones. Ten celebrado exposicións individuais en cidades como París, Buenos Aires, Madrid ou Barcelona.
NotasEditar
- ↑ "Gregorio Sanz 1". Consultado o 2019-08-25.
- ↑ Biografía en Leonfelipe.org, a través de web.archive.org: https://web.archive.org/web/20120628003324/http://leonfelipe.org.es/BiografiaAmandoSuarezCouto.html
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.