Diario Ferrolano
Diario Ferrolano foi un xornal editado en Ferrol entre 1903 e 1916.
Diario Ferrolano | |
---|---|
Fundación | 1903 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Ferrol |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarApareceu en marzo de 1903.[1] Propiedade de Francisco Barcón de Quevedo, quen fundou o periódico. Wenceslao Veiga Gadea foi o seu primeiro director. A este sucedérono Adolfo Lahorra, que estivo no cargo até setembro de 1906,[2] Wenceslao Fernández Flórez de decembro dese ano[3] até abril de 1911, Narciso de Castro a partir desa data,[4] Eladio Fernández Diéguez dende setembro de 1912,[5] e a partir de 1915 Pedro Fraga Porto. Entre os seus redactores figuraron Manuel Barbeito Herrera, Luis Mesía, Ildefonso Barcón, Manuel García Cortés e Santiago de la Iglesia Santos. Cesou a súa publicación o 8 de agosto de 1916.[6]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- "Diario Ferrolano". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.