El Diario Ferrolano

xornal de Ferrol (1867-1869)

El Diario Ferrolano foi un xornal editado en Ferrol entre 1867 e 1869.

El Diario Ferrolano
Fundación1867
Lingualingua castelá
LocalidadeFerrol
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Subtitulado Periódico de Ciencias, Comercio, Industria y Navegación, apareceu o 9 de febreiro de 1867. Diario, salvo os seguintes aos festivos, imprimíase nos obradoiros tipográficos de Nicasio Taxonera. Dirixido por Juan Antonio Lacaci, que ademais era redactor con Ventura Pueyo; estre os colaboradores figurou Benito Vicetto. De carácter administrativo e de tendencias locais, o seu obxectivo era a defensa dos intereses do país. En febreiro de 1868 decantouse pola política e converteuse en portavoz do Partido Progresista. Despois da revolución de 1868 cambiou o seu nome por La Voz del Pueblo, sendo director Leandro de Saralegui Medina até 1869, cando pasou a director Juan Antonio Lacaci.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar