Ventura Pueyo
Buenaventura Pueyo Llanuza, coñecido como Ventura Pueyo, nado na Coruña en setembro de 1833 e finado en Ferrol o 13 de xaneiro de 1892, foi un profesor e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | setembro de 1833 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 13 de xaneiro de 1892 ![]() Ferrol, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, mestre ![]() |
Pseudónimo literario | El Barón de Iria ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarEstudou en Santiago de Compostela. Profesor de ensino primario, publicou en 1868 Programas-instructores para la enseñanza de la gramática y de la aritmética. Colaborou na revista Galicia e foi redactor de El Eco Ferrolano, posto no que cesou en 1865. Fundou e dirixiu a revista El Pensamiento de Galicia, foi redactor e director de El Brigantino e dirixiu durante algún tempo o periódico La Voz Católica; tamén colaborou en El Diario Ferrolano. En 1870 trasladouse a Coruña, onde fundou e dirixiu El Museo de la Infancia. Ao pouco tempo marchou a Cuba, e en 1878 colaborou con Waldo Álvarez Insua na posta en marcha de El Eco de Galicia da Habana.[1] Foi nomeado profesor mercantil do Casino da Habana e publicou Tratado de Aritmética Mercantil y Teneduria de Libros en 1879. Tamén colaborou en Diario de la Marina e La Estudiantina, e en El Iris de Galicia, El Diario de Santiago e La Semana. Utilizou o pseudónimo El Barón de Iria. Volveu a Ferrol e nos oitenta foi profesor de Matemáticas da Escola de Artes e Oficios e dirixiu un colexio privado.[2] Finou en Ferrol o 13 de xaneiro de 1892.[3][4]
Obras
editar- Programas-instructores para la enseñanza de la gramática y de la aritmética, 1869.
- Tratado de Aritmética Mercantil y Teneduria de Libros, 1879.