Waldo A. Insua
Waldo A. Insua (bautizado Ubaldo Modesto Álvarez e Insua),[1] nado na Estrada o 10 de xuño de 1856[1] e finado en Madrid o 10 de agosto de 1938, foi un avogado, escritor e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ubaldo Modesto Álvarez e Insua 10 de xuño de 1856 A Estrada, España |
Morte | 10 de agosto de 1938 (82 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor, avogado |
Membro de | |
Xénero artístico | Xornalismo, novela |
Pseudónimo literario | Waldo A. Insúa |
Familia | |
Fillos | Alberto Insúa, Sara Insúa |
Parentes | Alberto Sánchez Álvarez-Insúa, bisneto |
Traxectoria
editarColaborou cos xornais El Diario de Santiago e El Heraldo Gallego con só 14 anos. En 1873, con 17 anos, publicou algúns poemas na Revista Galaica. Porén, os seus artigos máis comprometidos, nos que denunciaba o sistema político da Restauración borbónica en España, apareceron na Gaceta de Galicia.
O contido destes artigos forzaron a súa marcha a Cuba en 1877. Matriculouse na Universidade da Habana, obtivo a licenciatura en Dereito e traballou durante dez anos como escribán no Xulgado de primeira instancia do Distrito de Belén (A Habana). Posteriormente abriu o seu propio bufete. Fundou o semanario El Eco de Galicia, ocupou cargos directivos no Centro Gallego de La Habana e atribúeselle a fundación do xornal La Aurora del Yumurí en Matanzas.
Iniciador de sociedades galegas na Habana, Álvarez Insua constituíu un dos principais valedores do rexionalismo galego en Cuba. Foi vicepresidente e socio de mérito dunha entidade que en pouco tempo foi a pedra angular da sociedade galega na illa. Desde El Eco de Galicia denunciou de forma pública as manobras do Círculo de Hacendados de La Habana para traer de Galiza traballadores en termos parecidos aos da escravitude. Viaxaba con relativa frecuencia ao país e regresou definitivamente en 1898, despois do Tratado de París e a explosión do acoirazado USS Maine. Asentouse na Coruña e o 4 de febreiro de 1899 foi elixido presidente da Liga Gallega da cidade.
En novembro de 1899 trasladouse a Madrid, onde se dedicou á avogacía e foi secretario do Centro Gallego de Madrid. Colaborou na prensa madrileña, principalmente en El País, El Liberal, La Ilustración Gallega y Asturiana, La Esfera e Blanco y Negro, e seguiu escribindo para xornais da Habana, Buenos Aires e o estradense El Emigrado.
Unha rúa da Estrada leva o seu nome.[2]
Obras
editar- M. Curros Enríquez. Aires d'a miña terra. Juício crítico, 1883.[3]
- Galicia contemporánea (páginas de viaje), 1889.[4]
- Ecos de mi patria, 1891.[5]
- El problema cubano, 1897.
- La pena de muerte, 1902.
- La prueba de testigos, 1902.
- La emigración, 1902.
- Finis. Últimos días de España en Cuba, 1902.
- Alma nueva, 1907.
- Deseada, 1908.
- Vida truncada, 1910.
- Cinematógrafo nacional, 1910.
- La boca de la Esfinge, 1910.
- El Milagro, 1912.
Vida persoal
editarCasou en Cuba con Sara Escobar de Cisneros, adoptou o fillo desta Alberto Insúa e foi pai de seis fillos, entre eles Sara Insúa.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Arca, Olimpio (1997). Waldo Álvarez Insua, estrandense, emigrante, escritor. Asociación Fillos e Amigos da Estrada.
- ↑ Rúa Waldo Álvarez Insua da Estrada, en Google Maps.
- ↑ M. Curros Enríquez. Aires d'a miña terra. Juício crítico en Galiciana.
- ↑ Galicia contemporánea (páginas de viaje) en Galiciana.
- ↑ Ecos de mi patria Arquivado 05 de abril de 2017 en Wayback Machine. en Galiciana.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Diccionario enciclopédico galego universal 3. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 78. ISBN 84-7680-429-6.
- Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 113. ISBN 978-84-8288-942-9.
- Enciclopedia Galega Universal 1. Ir Indo Edicións. 1999-2002. p. 402. ISBN 84-7680-288-9.
- Couceiro Freijomil, A. (1951). "ÁLVAREZ INSUA, Waldo". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 44.
- Neira Vilas, Xosé (2005). "Álvarez Insua, Waldo". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Neira Vilas, Xosé (2011). A prensa galega de Cuba. Centro Ramón Piñeiro. ISBN 978-84-453-5020-1. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2018. Consultado o 07 de marzo de 2020.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega I. Galaxia. p. 47. ISBN 84-8288-019-5.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Waldo A. Insua |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Vilanova Rodríguez, Alberto (xaneiro-febreiro 1957). "Waldo Álvarez Insua". Galicia Emigrante (ano 4, nº 26). p. 6, 37.
- Viveiro Mogo, Prudencio. "Waldo A. Insua". Álbum da Emigración do Consello da Cultura Galega.
- "Waldo A. Insua". Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega.