El Diario de Santiago
periódico galego
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Diario de Santiago.
El Diario de Santiago, foi un periódico galego editado entre 1873 e 1879 en Santiago de Compostela.

Historia e características editar
Subtitulado De intereses materiales, noticias y anuncios, foi un periódico liberal fundado por Manuel Bibiano Fernández. O primeiro número apareceu o 6 de xullo de 1873, seguindo a numeración deixada pola anterior cabeceira, La Gacetilla de Santiago, da que era continuación. Dirixido por Manuel Bibiano Fernández e Alfredo Vicenti, contou coa colaboración de Alberto de Quintana. Tivo moitos problemas e unha forte censura eclesiástica (foi excomungado polo cardeal Payá). Cambiou o seu nome polo de Gaceta de Galicia en 1879.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Palomares Ibáñez, Jesús María (1983). "Prensa y política en Galicia: la prensa periódica compostelana (1875-1936)". Investigaciones históricas: Época moderna y contemporánea (Universidad de Valladolid) (4): 391–430. Consultado o 8 de xullo de 2013.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.