La Gacetilla de Santiago
La Gacetilla de Santiago foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1872 e 1873.
La Gacetilla de Santiago | |
---|---|
Fundación | 1872 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Santiago de Compostela |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Diario de noticias y anuncios, apareceu en 1872. O seu fundador e director foi Manuel Bibiano Fernández. Aínda que nun principio se declarou independente, co tempo converteuse en republicano. Tiña obradoiros tipográficos propios. Editábase nunha soa folla tamaño folio e contiña as seccións: Gacetilla de las familias, Efemérides, Noticias generales, Crónica local, Espectáculos e Telegrama. O último número editado é do 5 de xullo de 1873. A partir desa data cambiou o seu título por El Diario de Santiago e transformouse en órgano oficioso do Centro de Iniciativa para la Nueva Organización de Galicia.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Gacetilla de Santiago, La". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Dobarro, Xosé María; Fandiño Veiga, Xosé Ramón (2005). "Gacetilla de Santiago, La". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.