El Liberal

El Liberal foi un xornal español, que se publicou en Madrid entre 1879 e 1936.

Historia e característicasEditar

Apareceu o 31 de maio de 1879 a partir dunha escisión de xornalistas republicanos de El Imparcial entre os que figuraba Miguel Moya Ojanguren que foi director do xornal de 1890 e 1906. Foi un dos xornais con maior tiraxe da súa época. Entre os seus directores estivo o galego Alfredo Vicenti, amigo de Castelao, quen colaborou no xornal durante o ano 1912 con diversas caricaturas. Entre os seus redactores estaba Emilio Rodal González.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Checa Godoy, Antonio (1989). Prensa y partidos políticos durante la II República (en castelán). Salamanca: Universidad de Salamanca. ISBN 84-7481-521-5.