Emilio Rodal
Emilio Rodal González, nado en Cangas e finado en Vigo en xuño de 1929[1], foi un xornalista e propagandista agrario galego.
Emilio Rodal | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | século XIX |
Lugar de nacemento | Cangas |
Falecemento | xuño de 1929 |
Lugar de falecemento | Lavadores |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Comezou o seu traballo na prensa en Noticiero de Vigo[2] e foi redactor de Faro de Vigo e El Liberal. Foi inspirador e propagandista do Directorio Antiforista de Teis, do que foi delegado xeral e presidente honorario. De setembro de 1909 a marzo de 1910 viaxou a Cuba como representante do Directorio para realizar unha campaña propagandista na illa que culminou coa organización dun comité redencionista na Habana. En 1910 foi nomeado presidente honorario da Liga Agrario-Redencionista, pero dimitiu en setembro. En outubro marchou a Arxentina para realizar outra campaña redencionista entre os emigrados. Asentouse definitivamente na Arxentina e pertenceu a directiva da Casa de Galicia de Buenos Aires. Regresou a Galicia nos anos vinte e en 1928 presidiu en Cangas unha reunión dos pósitos de pescadores de Galicia. Finou en Lavadores en 1929 logo de padecer unha dura enfermidade.
Notas Editar
- ↑ El Pueblo Gallego, 16-6-1929, p. 17.
- ↑ Vida Gallega, 20-6-1929, p. 11.